Mundo-RMundo-R

Cámaras da Honor 90 Lite: realismo e atención ao detalle

Custarache soltar a cámara hiperdetallista de 100 MP do Honor 90 Lite. Xusto o que necesitabas para facer as mellores fotos e selfies.

Para que queden perfectos, recorta e fai zoom ao teu gusto. Non perderás calidade nin atención ao detalle.

Aínda hai máis. Dispós de múltiples pantallas e bandas sonoras para darlles o teu toque especial.

E non terás que te preocupar por onde gardalas. O Honor 90 Lite conta con 8 GB + 256 GB de almacenamento, que se converten en 13 GB prácticos mediante a tecnoloxía intelixente HONOR RAM Turbo.

Lixeiro e estiloso

De toques prácticos entende moito a Honor 90 Lite.

É un terminal fácil de levar e manexar. O seu grosor, 7,48 mm, e o seu peso, 180 gramos.

Todo iso, sen perder estilo nin prestacións. Conta con superficie antimarcas e antipegadas e esquinas redondeadas.

A pantalla na que non deixarás de ler

Falando de deseño, non poderás evitar fixarte na súa pantalla FullView de 6,7" e sen bordos.

A frecuencia de actualización de 90 Hz achégalle fluidez e dinamismo e o modo lectura, máis campo de visión.

Ademais, dous toques especiais: protexe os teus ollos mediante a tecnoloxía de atenuación dinámica e a súa pantalla circadiana adáptase aos teus ciclos de soño e facilítache un bo descanso. Por se es dos/as que se engancha a series ou pelis ao final do día.

Que ben soa o Honor 90 Lite

A Honor 90 Lite ten dobre certificación Hi-Res e un modo volume que che permitirá reproducir vídeos ou chamadas ao teu gusto.

Así suma calidade e personalización.

Potencia e tecnoloxía 5G

Vamos, que o Honor 90 Lite conta con todas as prestacións que necesitas para o teu atarefado día a día.

O sistema operativo MagicOS 7.1 baseado en tecnoloxía Android 13 ofrece un terminal competitivo e completo que, ademais, incorpora a tecnoloxía 5G.

Grande autonomía

A súa autonomía tamén é moi solvente.

A batería é de 4500 mAh. Unida a SuperCharge de HONOR de 35W, permite cargalo ata un 55% en media hora.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas