

Oppo Reno8 Lite 5G, premio á fluidez
O Oppo Reno8 Lite 5 G conseguiu o Certificado de Fluidez de 36 meses segundo TÜV SÜD. Todo un logro que confirma a fluidez que achega o procesador Snapdragon 695 5G de Qualcomm.
Se a iso sumamos a súa capacidade de resistencia á auga, á radiación, ao clima ou ás microgotas, non hai dúbida de que estamos diante dun teléfono todoterreo, aínda que só mida 159,9 × 73,2 × 7,5 mm e pese 173 gramos.
Queres facer fotos, ver un vídeo, xogar, chatear...? Imos por partes.
En canto ás fotos, podes crear momentos máxicos grazas ao Modo Retrato Estilo Bokeh Flare que desenfoca cun único clic, ser o centro de atención cos Selfies HDR, colorear os teus retratos co Modo Cor ou simplemente elixir filtros coas Paletas IA.
Todas as opcións de imaxe están apoiadas por un sistema de cámaras encabezado pola principal, de 64 MPX, ademais dunha cámara macro e outra de profundidade e que che permite usar dianteira e traseira ao mesmo tempo.
E dispós de 8GB de memoria RAM para almacenar as túas fotos. Se queres máis, os seus 128GB de ROM son ampliables a 1TB.
Para reproducir vídeos, a pantalla AMOLED de 6,4 polgadas é a túa compañeira perfecta, especialmente se lle sumas o súper son que consegue o Real HD Sound 3.0 e un Amplificador de Potencia Intelixente.
Se o teu é o xogo, Quick Startup evítache esperas á hora de cargar os teus favoritos.
Á hora de conversar, non te cortes. A batería de 4500 mAh dura ata 262 horas en modo repouso, cárgase en 63 minutos e dispón dunha opción de carga rápida do 31% en 15 minutos.
E todo iso faralo lucindo un teléfono con deseño innovador. O seu aro de luz dual achega elegancia a un teléfono con placa uniforme de luz prismática, panel de guía luminosa e Luces de Dobre Órbita.