Mundo-RMundo-R

Xiaomi Redmi Note 11, carga rápida en só unha hora

Se es dos que teñen sempre un ollo posto na batería do teu móbil para poñelo a cargar, o Xiaomi Redmi Note 11 facilitarache o día a día.

Carga ata o 100 % da súa batería en aproximadamente unha hora coa carga rápida Pro de 33 W, grazas á nova tecnoloxía MMT de Redmi Note. Agora xa non terás que esperar eternamente para que acabe de cargar o teu móbil.

Pero a alta velocidade non só chegou á batería con UFS 2.2. O Xiaomi Redmi Note 11 ten tamén escritura acelerada grazas a Write Booster, que ofrece funcións eficaces, como a de instalación de aplicacións, iniciación e almacenamento en caché de arquivos a alta velocidade, así como lectura e escritura de arquivos de gran tamaño.

Procesador rápido e potente

Co Xiaomi Redmi Note 11 non che vai a preocupar tampouco o rendemento do teu móbil. Ten un rendemento integral, listo para calquera reto.

O seu procesador non só é rápido e potente, senón que ademais funciona co proceso de 6 nm de baixo consumo para ofrecer un alto rendemento á vez que mellora a duración da batería.

Pantalla táctil e visualización impecables

Ademais de ter unha carga rápida e un procesador potente, a pantalla do Xiaomi Redmi Note 11 ofrece o último en brillo, contraste, calibración da cor e resolución.

Goza dos teus contidos cunha taxa de refresco de 90 Hz fluída e sen interrupcións. Poderás navegar polas túas redes sociais sen problemas e experimentar un modo de xogo potente e con gran capacidade de resposta.

Unha estética superior

Todas as vantaxes do procesador ou a carga están acabadas no novo Redmi Note 11 cun atrevido deseño de bordos planos e un estilo minimalista.

E dispoñible en tres colorees diferentes, perfectos para calquera usuario. Elixe xa o teu entre "azul ocaso", "gris grafito" e "azul estelar". A calidade non ten que estar rifada coa estética.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas