promoción benvida ata o 31/05/2020 para novos clientes da división de empresas (autónomos e negocios) ou novas localizacións en zonas de cobertura de rede propia de R. As vantaxes destas promocións están ligadas ao mantemento do contrato de prestación de servizos con R durante 12 meses completos e seguidos deNde a provisión do servizo. No caso de incumprir a devandita condición, o cliente deberá abonar a R o importe de 180€ (exento de IVE) en concepto de instalación gratis (que se promociona ao estar o cliente 12 meses en R), e o importe de 120€ (exento de IVE) para o caso de baixa anticipada en concepto de que se ofrece un prezo en promoción. Ambos os importes serán prorrateados a 365 días e reducidos de forma proporcional aos días de permanencia cumpridos. - portabilidade, alta e instalación básica para novas altas, gratis en todos os combos (prezo sen promoción 180€ (148,76 sen IVE)) - mantemento bronce gratis 1 mes. Precio sin promoción 5 €/mes - seguridade R opcional con desconto do 50% durante 6 facturas. Prezo sen promoción: 4,24€/mes (3,5€ sen IVE). - produtos en promoción:
combo 300 sen negocio + 50GB: : 300 megas, 50GB con chamadas ilimitadas no móbil e módulo empresa por 18,10€ durante 6 meses. Despois da promoción o cliente pasa a pagar 51,24€/mes. A velocidade, tras un ano, pasa automaticamente a 100 megas no fixo e 15GB na liña móbil. combo 300 negocio + 15GB: 200 megas, liña móbil con 15GB + chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais, liña fixa e módulo empresa por 18,10€/mes durante 6 meses. Despois da promoción o prezo son 52,07€/mes. A partir do ano, o cliente pasa automaticamente a combo negocio 100 + 6GB, con 100 megas no fixo e 6 GB na liña móbil. combo 500 negocio + 30GB: 500 megas, liña móbil con 30GB + chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais, liña fixa e módulo empresa por 18,10€/mes durante 6 meses. Despois da promoción o prezo son 58,68€/mes. A partir do ano, o cliente pasa automaticamente a combo negocio 100 + 15GB, con 100 megas no fixo e 15GB na liña móbil.internet R 300: 300 megas a 23,97/mes durante 12 meses. Despois da promoción 42,15€/mes. combo 300 negocio: 200 megas e liña de teléfono fixo por 16,44€ durante 6 meses. Despois da promoción o cliente pasa a pagar 42,19€/mes. A velocidade, tras un ano, pasa automaticamente a 100 megas. -
deco 4K: cota de alta e instalación básica gratis para novas altas de combos con opción Total TV ou Ocio TV. Prezos sen promoción: cota de alta 59€ e instalación básica 45€. A instalación básica inclúe: instalación básica + desprazamento do técnico + toma adicional no caso de ser necesaria. Resto de equipos e tomas de instalación adicionais facturaranse segundo os prezos en vigor dispoñibles en
https://mundo-r.com/gl/tarifas-e-condicions. No caso de baixa da opción de tv ou baixa total do servizo a non devolución do equipo terá unha penalización de 129€ (con IVE) non prorrateable. - o
módulo empresa inclúe: mantemento en 12 horas, fax ip (envía e recibe faxes dende a web), multiring (asocia un número fixo e un número móbil para que, independentemente de se che chaman ao móbil ou ao fixo, ti sempre poidas contestar) e chamadas internas - todos os prezos sen IVE incluído.
coa contratación da seguinte promoción, o cliente solicita expresamente recibir a factura en formato electrónico. Para o mantemento da promoción, o cliente deberá seguir con factura electrónica durante o período de vixencia da mesma. Se che interesa ter factura en papel, podes consultar as promocións dispoñibles.