Mundo-RMundo-R

Honor Magic4 Lite 5G, a maxia da técnica

A Honor Magic4 Lite 5G é un todoterreo para que teñas o que necesites en calquera situación

Se es unha persoa aventureira é probable que mires moitas cousas nun smartphone antes de compralo, pero seguro que unha delas é a súa autonomía. A ninguén lle gusta quedar sen batería no medio dunha acampada, razón pola que o Magic4 Lite incorpora unha batería de 4.800mAh que soporta ata 25 horas de chamadas ou 13 de vídeo. E se aínda así estivese a piques de esgotarse no peor momento o sistema Honor supercharge de 66W está aí para salvarte: este pequerrecho é capaz de recuperar ata o 81% da súa batería en media hora, cun sistema de carga intelixente que prolonga a autonomía do smartphone.

Pero de que serve tanta enerxía se non se lle pode dar uso? O Magic4 Lite está construído ao redor do procesador Qualcom Snapdragon 695 5G de 6nm, un corazón de computador en miniatura que alcanza o 2,2Ghz nun sistema octacore. Se te esforzas poderías saturalo, pero este procesador aguanta case calquera cousa. Ademais, vén complementado cun sistema de memoria RAM 6+2GB para render perfectamente en multitasking e gaming.

E falando de gaming, o Magic4 Lite carga nos seus menos de 200 gramos de peso unha resolución de pantalla de 2388x1080 píxeles con taxa de refresco de 120Hz e un espazo de cor con máis de 16 millóns de cores, máis dos que distingue un ollo humano. Isto convérteo nun sistema de reprodución de alta fidelidade con transicións suaves e degradados agradables mesmo nos momentos de maior contraste.

Agora que mencionamos o contraste, o Magic4 Lite oculta no seu deseño compacto incribles calidades á hora de realizar fotografías. Posúe unha tripla cámara traseira conformada por unha lente principal de 48 megapíxeles, unha lente de retrato con efecto bokeh e unha cámara macro para facer achegamentos espectaculares duns poucos centímetros aos suxeitos ou obxectos máis pequenos co máximo detalle. Todo isto, sumado ao seu algoritmo de imaxe optimizado, permíteche conservar as túas aventuras tal e como quixeches lembralas.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas