Mundo-RMundo-R

Nothing Phone 1: un deseño nunca visto

E é que o modelo 1 da marca con sede en Londres, revoluciona o deseño ao que estamos afeitos nun móbil. Non é de estrañar que a revista Time o incluíse na súa lista de “Os mellores inventos do 2022”.

Deseño innovador

Sorprenderache a súa parte traseira transparente, algo que nunca viras nun teléfono.

Nothing Phone 1 leva cristal Gorilla Glass de dobre cara, por diante e por detrás, moi resistente. O resultado é, a nivel visual, unha fermosura.

Os biseis simétricos e o marco de aluminio 100% reciclaxe fano lixeiro, á vez que o protexen fronte a caídas.

E o outro detalle innovador, que che sorprenderá moito, son as luces LED que sitúa na parte traseira. Eles chámano Glyph Interface. Para que serven, ademais de para darlle un toque de deseño brutal? Pois estas luces notifícanche dunha chamada, da carga de batería, dun email entrante, etc. Ademais, podes poñerlle un ton diferente a cada tipo de notificación para personalizalo ao teu gusto.

En canto á pantalla, 6,55 polgadas HDR10+ con tecnoloxía OLED, para unha maior gama de cores e un bo contraste de imaxe.

Resiste a auga e ao po e desbloquéase por pegada dixital na pantalla ou recoñecemento facial.

Dobre cámara 60 MPX

A marca Nothing cre que non por ter máis cámaras, o resultado das túas imaxes é mellor. E con esa filosofía incorpora no Nothing Phone 1 dúas cámaras.

  • Cámara principal 50 MPX: gran sensor Sony IMX766 e apertura de f/1,8, para que as fotos che queden perfectas aínda con pouca luz e nítidas, grazas á dobre estabilización de imaxe.

  • Cámara grande angular 50 MPX: con campo de visión 114° e apertura f/2,2.

Ademais, os LEDs situados na parte traseira, que viches arriba, axudan a iluminar as túas fotos de forma natural coma se estiveses nun estudo de fotografía.

Cando graves vídeos notarás a diferenza: as escenas escuras sairán moi nítidas co modo nocturno e o HDR adapta a luz para un resultado máis fiel á realidade.

E en canto á cámara selfi, 16 MPX e apertura f/2,45, retrato HD e modos beleza ou nocturno.

memoria de almacenamento para gardar as túas fotos e vídeos é de 256GB.

Batería e rendemento

batería de 4.500 mAh darache para moito uso e cando o necesites cargar tardarás media hora en telo ao 50%. Outro dato que achega Nothing: cunha soa carga, terás autonomía para 18 horas. 

Ademais, o seu software intelixente aprende dos teus patróns de uso e fai que, por exemplo, cargue máis rápido as apps máis usadas e para o resto para reservar a batería.

Soporta velocidade 5G e o seu potente chipset dáche un gran rendemento especialmente cando xogas. 

O sistema operativo é Nothing VOS, co mellor de Android 12, sen bloatware. E a RAM é de 8GB.

É ou non é diferente a todo o que viras nun móbil?

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas