3ollos R
app 3ollos R
como me descargo a app de 3ollos R?
poderás descargar a app de 3ollos R dende o Play Store de Android e o Apple Store de iOS. para que a app de 3ollos R funcione, terás que descargar primeiro a app de R. Usa o teu usuario e contrasinal da web de clientes de R para acceder a ambas apps.
que necesita o meu dispositivo android para que a app de 3ollos R funcione ben?
a app de 3ollos R é compatible con calquera móbil ou tablet que teña instalado android 4.4 (Kitkat) ou superior. Ademais, é recomendable que o dispositivo no que instales a app teña polo menos 2GB de RAM. Con 1 GB de RAM tamén funciona pero non de xeito fluído.
que necesita o meu dispositivo iOS para que a app de 3ollos R funcione ben?
a app de 3ollos R é compatible con calquera iPhone, iPod Touch ou iPad que teña instalado iOS 9.3 ou superior.
web 3ollos R
como accedo á web de 3ollos R para xestionar o meu servizo?
O enderezo web do servizo é 3ollosR.mundo-R.com. Poderás acceder a través desa ligazón ou ben a través da web de clientes de R.
o usuario e contrasinal para acceder á web de 3ollos R é o mesmo que o que usas para acceder á web de clientes de R.
que navegadores podo utilizar para acceder a 3ollosrR.mundo-r.com?
a aplicación web de 3ollos R funciona en todos os todos os navegadores evergreen (Chrome, Firefox, Safari, Microsoft Edge). Non funciona con Internet Explorer.