chámanos GRATIS881 304 130
Mundo R
área cliente

881 304 130

Ordenador, ratón y planta

3ollos R

modos: configura os teus horarios

como podo definir o modo en que quero que estea 3ollos R?

para indicar en que modo estás en cada momento deberás escoller en 3ollosR.mundo-R.com ou na app a opción manual ou programada.
marcando a opción manual, terás que dicirlle en cada momento a 3ollos R se é de noite, se saes ou chegaches á casa.
marcando a opción programada, poderás configurar un horario semanal para que 3ollos R saiba cando é de noite e cando estás na casa. Así, non terás que preocuparte.
tes máis información no manual de usuario da web e da app.

reglas, alertas e avisos

podo definir eu as miñas propias regras?

si, poderás configurar as regras que máis che interesen para sacar o máximo partido de 3ollos R.
se non atopas a regra que queres configurar, escríbenos no foro de 3ollos R.

como defino as regras de 3ollos R?

pulsando os botóns “crear regra” ou “engadir regra”, podes definir as regras que queiras dende 3ollosR.mundo-R.com ou dende a app.
escolle a que máis se adecúe ás túas necesidades e configúraa.
tes máis información no manual de usuario da web e da app.

non podo modificar unha regra.

antes de modificar unha regra asegúrate de que está activa, comprobando que o botón que a precede está en cor vermella. Se está en cor gris, pulsa enriba para activar a regra.

que é un evento?

considérase un evento:
- calquera cambio de estado nun sensor, por exemplo a apertura dunha porta ou a detección de movemento nun cuarto.
- calquera aviso programado cunha regra, por exemplo, avísame se se acende a tele dos nenos a unha hora indebida.
- calquera anomalía que o propio sistema detecte en si mesmo. Por exemplo, perdeuse a conexión cun sensor ou o nivel de batería dun sensor é moi baixo.

como son os eventos controlados por 3ollos R?

"a apertura dunha porta", "a ausencia de movemento nunha sala durante unha hora", "o apagado dun enchufe", "o aumento da temperatura ambiente", etc.
en 3ollos R os sensores encárganse de notificar estes eventos ao concentrador para que se tomen, se procede, as accións oportunas.

que é unha acción?

unha acción é un evento que se "dispara" como consecuencia doutro evento. En 3ollos R as accións poden ser:
- gravacións de vídeo
- avisos
- cambios de estado en sensores actuadores (aceso/apagado dun enchufe)

que tipos de avisos hai?

hai dos tipos de avisos dispoñibles en 3ollos R:
- aviso por e-mail
- notificacións na app

podo decidir a que móbiles enviar avisos?

para recibir notificacións é necesario instalar a app e acceder como cliente. Na web de 3ollosR.mundo-R.com podes decidir que móbiles coa app instalada poden recibir notificacións e cales non. Pero non podes dicirlle a 3ollos R que envíe unha notificación ao móbil se non ten instalada a app.

como dou de alta un lugar do que quero recibir unha notificación cando alguén entre ou salga del?

na app de 3ollos R tes un menú para xestionar vos lugares dous que recibir notificacións.

gravacións

hai un máximo de gravacións que poida facer?

non, non o hai. Podes facer tantas gravacións como queiras. Iso si, lembra que as gravacións só estarán dispoñibles na plataforma durante 1 mes.
se queres conservalas máis tempo, tes que marcar a gravación para que permaneza indefinidamente na plataforma. Podes gardar ata 30 gravacións.

canto tempo grava a miña cámara?

a cámara non está continuamente gravando. Hai dúas formas de que se active unha gravación:
1. configuraches unha regra de gravación (por exemplo, grava se abre a porta da casa) e esa regra activouse. A cámara gravará 15 segundos previos a que a regra se active e os 15 segundos posteriores.
2. decides gravar un evento desde a web do servizo ou da app. Se es ti o que activaches a gravación, a cámara gravará 1 minuto dende a activación.

podo descargar as miñas gravacións?

se queres descargar os vídeos que graves, entra en 3ollosR.mundo-R.com, vai a gravacións, elixe o vídeo que queres gardar e fai clic en: descargar vídeo.

unha das gravacións que tiña e xa non está visible na web ou na app, por que pode ser?

as gravacións gárdanse durante 1 mes no servizo de 3ollos R. Pasado ese tempo bórranse.
poderás marcar 30 gravacións para que nunca se borren, pero o resto, pasado 1 mes elimínanse.

se borro unha gravación da web pódoa recuperar?

non. Unha vez que borras a gravación, bórrase totalmente da plataforma e non se garda niguna copia dela.

se tramito unha baixa do servizo e esquecín gardar unha copia das gravacións ou tramito de novo un alta, podo recuperar as gravacións e regras que tivese configuradas?

non, non se poden recuperar nin regras, nin gravacións. Unha vez tramitada a baixa, bórrase toda a información que tivésemos no teu servizo, gravacións, regras, etc.

se tramito unha baixa do servizo e esquecín gardar unha copia das gravacións ou tramito de novo un alta, podo recuperar as gravacións e regras que tivese configuradas?

non, non se poden recuperar nin regras, nin gravacións. Unha vez tramitada a baixa, bórrase toda a información que tivésemos no teu servizo, gravacións, regras, etc.

queres contratar R?

chámanos de balde:

881 304 130

luns a venres de 9-21h.
sábados de 9-14h.

para os nosos clientes

descarga a app:

Apple StoreGoogle Play

ou chámanos:

se estás na casa 1449no estranxeiro:
+34 698 111 449
luns a venres de 9-22h.
sábados de 9-14h.
servizo técnico 24h/365.

Política de cookies

En nuestra web utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servizo cuando vuelvas a visitarnos. Al navegar por nuestra web estás aceptando su uso. Encuentra aquí toda la información sobre nuestra política de cookies.

Acepto