Volver
chámanos GRATIS 900 699 859
Mundo R
área cliente

900 699 859

Ordenador, ratón y planta

calidade de servizo

compromisos dos niveis individuais de calidade incluídos nos contratos

tempo de subministración da conexión inicial (servizo fixo)

O tempo de suministro da conexión inicial defínese como o tempo que transcorre deste a primeira comunicación usuario-operador, pola que se acepte a solicitude de conexión á rede desde unha ubicación fixa do usuario por parte do operador, ata o momento no que o usuario teña dispoñible o servizo.

O nivel individual de calidade incluído nos contratos de R en relación ao tempo de suministro da conexión inicial, o importe da indemnización en caso de incumprimento do nivel de calidade e o procedemento para facer efectiva a indemnización.

compromisocantidadeprocedemento
30 díasexención de pago da cotas mensuais de abono nun número equivalente ao número de meses, ou fracción, en que se superou o prazo de compromiso.previa petición

Pode consultar esta ligazón para obter máis información

 

tempo de interrupción do servizo

O tempo de interrupción do servicio defínese como a suma de tempos transcorridos, ao longo dun período de observación, desde o intre en que se produciu a rotura ou inutilización por degradación do servizo ou elemento do servizo ata o momento en que se restableceu ao seu normal funcionamento.

A continuación amósase:

  • O valor do compromiso de calidade relativo ao tempo de interrupción do servizo expresado en número enteiro de horas naturais acumuladas ao longo dun periodo de observación, coincidente co periodo de facturación ou cun mes natural para o caso dos aboados suxeitos á modalidade de prepago.
  • A cantidade da indemnización en caso de incumprimento do nivel de compromiso.
  • O procedemento para facer efectiva a indemnización amósase a continuación:

     

     compromisocantidadeprocedemento
    servizo telefónico fixo47 horas por período de facturación

    R comprométese a indemnizar ao Cliente cunha cantidade que será, polo menos, igual á maior das dúas seguintes cantidades:

    a) a media do importe facturado por todos os servizos interrompidos durante os tres (3) meses anteriores á interrupción, prorrateado polo tempo que durase a interrupción. En caso dunha antigüidade inferior a tres (3) meses, atenderase ao importe da factura media nas mensualidades completas efectuadas, ou á que se obtivo nunha mensualidade estimada de forma proporcional ao período de consumo efectivo realizado

    b) cinco (5) veces a cota mensual de abono vixente non momento da interrupción, prorrateado polo tempo de duración desta

    previa solicitude do Cliente
    servizo de acceso a internet fixo47 horas por período de facturaciónR comprométese a indemnizar ao Cliente cunha cantidade que será igual ao importe da cota de abono prorrateado polo tempo de efectiva interrupción do servizo.previa solicitude do Cliente
    servizo telefónico móbil48 horas durante un período de facturaciónR comprométese a indemnizar ao Cliente coa cantidade resultante de prorratear a cota de abono, polo tempo de efectiva interrupción do servizoprevia solicitude do Cliente no prazo de dez (10) días contados a partir do restablecemento do servizo
    servizo de acceso a internet móbil (pospago e prepago)48 horas durante un período de facturaciónR comprométese a indemnizar ao Cliente coa cantidade resultante de prorratear a cota de abono, polo tempo de efectiva interrupción do servizoprevia solicitude do Cliente no prazo de dez (10) días contados a partir do restablecemento do servizo

    Pode consultar esta ligazón para obter máis información

     

    Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital
    esta información facilítase dacordo co establecido polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital na Orde IET/1090/2014, do 16 de xuño, pola que se regulan as condicións relativas á calidade de servizo na prestación dos servicizos de comunicacións electrónicas.

    queres contratar R?

    chámanos de balde:

    900 699 859

    luns a venres de 9-21h.
    sábados de 9-14h.

    para os nosos clientes

    descarga a app:

    Apple StoreGoogle Play

    ou chámanos:

    se estás na casa 1449no estranxeiro:
    +34 698 111 449
    luns a venres de 9-22h.
    sábados de 9-14h.
    servizo técnico 24h/365.

    recibimos a súa mensaxe