A compensación equitativa por copia privada (canon dixital) é unha taxa que se aplica aos dispositivos tecnolóxicos cos que se poidan facer copias privadas de contido multimedia, por exemplo, teléfonos móbiles intelixentes. Esta taxa está destinada a autores, editores e artistas en compensación polas copias ou o uso que se fai dos seus traballos no ámbito privado.