móbil
multiring
como podo contratar multiring?
para contratar multiring, se es un cliente particular debes chamar ao 1449 e se es un cliente de empresa podes facelo a través do 1446 ou ben a través do teu comercial. Tamén o podes solicitar contactando con nós a través da web de clientes.
teño que activar o servizo multiring unha vez contratado?
non é necesario. Ao contratar o servizo, actívase co comportamento por defecto:
- cando recibes unha chamada tanto no número fixo como no número móbil soan ambos os dous, o teu teléfono fixo e o teu teléfono móbil
- cando fas unha chamada, o receptor ve o número de teléfono dende o que chamas, é dicir, se chamas dende o teléfono fixo, verá o teu número fixo e se chamas dende o teléfono móbil, verá o número móbil
podo asociar varios móbiles ou fixos para que todos soen xuntos?
non, de momento o servizo só permite asociar un número móbil e un número fixo
podo asociar calquera fixo a un móbil?
podes asociar calquera número fixo a un móbil sempre que non esteas a usar ese número fixo como un fax
é compatible multiring cun fax?
non, se usas o teu número fixo como fax, deixarás de recibir os faxes. A chamada do teu fixo sempre se desviará ao teu móbil e, polo tanto, nunca entrará a función de fax. Se desexas ter fax, deberás telo sobre un número independente, sen a funcionalidade de multiring activa
é compatible multiring cun buzón de voz?
si o é, pero se tes a caixa de correo activada e multirring e estás a comunicar (no fixo ou no móbil) ou tes o móbil apagado, a chamada redirixirase automaticamente á caixa de correo e non poderás contestala
que acontece se o meu fixo e o meu móbil soan xuntos e non contesto unha chamada?
acontecerá o que ti teñas configurado. Se tes o servizo de contestador activado, saltará ese servizo e a persoa que che chamou poderá deixarche unha mensaxe e se non, pois terás no teu móbil un aviso de chamada perdida
se os meus números fixo e móbil soan xuntos, non contestei unha chamada e saltou o contestador, como escoito esa mensaxe?
co servizo de multirring, poderás escoitar a mensaxe tanto chamando dende o número fixo ou dende o número móbil ao número do contestador (22277).
con multirring, se tes elixido o formato de que o teu número fixo e o teu número móbil soan xuntos, terás unha caixa de correo única no que escoitar todas as túas mensaxes
ollo, recorda que ao ser único, a locución que escoita a persoa que che chame sempre é a mesma, chamase ao fixo ou ao móbil, polo que che recomendamos que non utilices un número para identificarte na locución
que acontece coas mensaxes da miña caixa de correo se tiña a configuración de que soasen xuntas fixo e móbil e logo o cambio a que soen por separado?
ao facer que soen por separado, é necesario crear unha nova caixa de correo para a liña fixa. As mensaxes que tiñades gárdanse na caixa de correo do teu móbil. Para escoitalos, deberás chamar o 22277.
se fago que móbil e fixo soen xuntos, que acontece coas mensaxes que tiña na miña caixa de correo?
ao facer que móbil e fixo soen xuntos, tamén pasas a ter unha nova caixa de correo única. Para poder darche esta funcionalidade de caixa de correo única, é necesario crear unha nova caixa de correo e polo tanto, as mensaxes que puideses ter almacenadas borraranse. Acórdate de escoitalos antes de facer que móbil e fixo soen xuntos
se os meus números fixo e móbil soan xuntos, e contesto unha chamada dende o fixo, o meu móbil pode recibir novas chamadas?, e ao revés se contesto dende o móbil, que pasa co meu fixo?
se tes a caixa de voz activada e unha das túas liñas está a recibir unha chamada, se recibes unha nova chamada redirixirase á caixa de correo.
se non tes a caixa de correo activada, se contestas dende unha, a outra queda libre para recibir máis chamadas. Se contestaches dende o móbil e te chaman de novo ao móbil, soará o teu número fixo e poderás contestar esa chamada tamén. O mesmo acontece ao revés: se contestas dende o fixo e chámante ao fixo, soará o teu móbil.
se teño o móbil apagado, podo recibir chamadas no meu fixo?
se tes a caixa de correo activada e o teu móbil está apagado, se alguén te chama ao teu número fixo, esa chamada redixirase á caixa de voz.
se non tes a o buzón, poderás recibir chamadas no teu teléfono fixo sen problemas.
cando contesto unha chamada dende o fixo, no meu móbil aparece unha chamada perdida, por que?
se tes a funcionalidade de que soen xuntos fixo e móbil, ti estás a recibir unha chamada no móbil que non contestaches porque realmente a tes contestada no fixo. O teu teléfono móbil non sabe que as contestaches dende o fixo. Só ve que recibiches unha chamada que non se contestou e por iso che aparece o aviso de chamadas perdidas
dinme que cando me chaman ao móbil, aínda que eu o teño apagado, lles dá ton de chamada, por que?
se tes a funcionalidade de que soen xuntos, aínda que teñas o móbil apagado, a chamada vaise enviar ao fixo e como este soa, á persoa que te chama, dálle ton de chamada. Se queres que cando teñas o móbil apagado non soe, o mellor é que elixas a configuración de que fixo e móbil soen separados
se estou no estranxeiro, segue funcionando o servizo de multiring?
se chamo a un número de emerxencia, que número ven nese servizo?
o número que se verá nun servizo de emerxencia será sempre o número dende o que chames, independentemente da configuración que teñas. Se chamas dende o fixo verán o teu número fxjo e se chamas dendeo o móbil, o número móbil
que acontece se teño unha restrición na liña fixa, tamén aplica no móbil? E ao revés, as restricións de móbil aplican no fixo?
non, as liñas son independentes e se decidiches poñer unha restrición nunha liña fixa ou móbil, a restrición só aplica a esa liña fixa ou móbil, non a todas as que estean asociadas no servizo multiring.
como me cobran agora as chamadas feitas dende un fixo ou un móbil, é dicir, se teño por exemplo unha tarifa plana de chamadas dende o fixo, esa chamada vanma cobrar?
non, non te preocupes. Nós imos aplicar a tarifa que teñas contratada. Se chamas dende o fixo, cobrarémosche unha chamada dende o fixo e o mesmo dende o móbil. Calquera chamada feita dende o móbil, cóbrase segundo a túa tarifa de móbil
se o meu número fixo e o meu móbil soan xuntos, observei que non recibo videochamadas, por que?
é normal. Ao ter o funcionamento de que o número fixo e o número móbil soen xuntos, o servizo vai tratar de que esa videochamada soe no teu número fixo e como non pode, non se realiza esa videochamada en ningún dispositivo
o servizo de multiring ten custo?
o servizo de multiring ten un custo que che permitirá acceder a todas as súas funcionalidades (selección do comportamento ao recibir e ao facer chamadas).
tratei de xestionar un servizo multiring e non o encontro na web de clientes?
o acceso á xestión de multirring é a través de "servizos contratados". Se non o encontras probablemente sexa porque non tes permisos para xestionar o servizo. Dille ao titular da túa conta que che dea permisos na web sobre a liña móbil ou a fixa e xa o poderás xestionar