Podes realizar distintos tipos de desvíos na túa liña:
Desvío inmediato. Desvía sempre todas as chamadas que recibas (na nosa web
gioasmobilR.mundo-R.com odes escoller o teu terminal Android e, seleccionando “desvío de chamadas”, xa che indicamos cada paso):
- Para activalo, pulsa *21* (despois pon o nº ao que se desvía) e preme de novo #
- Para desactivalo, pulsa #21#
Desvío se comunica. Desvía as chamadas se a túa liña está ocupada.
- Para activalo, pulsa *67* (despois pon o nº ao que se desvía) e preme de novo #
- Para desactivalo, pulsa #67#
Desvío se non contestas. Desvía as chamadas cando estás ausente ou non podes coller o teléfono.
- Para activalo, pulsa *61* (despois pon o nº ao que se desvía) e preme de novo #
- Para desactivalo, pulsa #61#
Desvío se o teléfono está apagado ou sen cobertura. Desvía as chamadas cando o móbil está fóra de cobertura ou cando o tes apagado.
- Para activalo, pulsa *62* (despois pon o nº ao que se desvía) e preme de novo #
- Para desactivalo, pulsa #62#