R, grazas á súa fibra óptica, pode emitir televisión HD a maior velocidade que a transmitida polo aire ou polo satélite. O normal no caso da TDT son 4Mbps e no caso do satélite chégase ata os 7Mbps. As canles HD de R chegan ata 20Mbps, polo que a resolución en pantalla e a capacidade de encher grandes pantallas con resolución HD é moito maior.
tes dúas opcións:
- se o gravador externo do cliente ten YPrPb (os conectores de colores verde, azul, vermello) podes:
- conectar o gravador externo ao desco HD utilizando cable específico YPrPb para o vídeo, e cable RCA (conectores vermello+branco) para o audio.
- conectar a tele por HDMI.
- configurar o desco HD con non máis de resolución 1080i (porque a recomendada ou 1080p degradan a calidade da saída YPrPb). É dicir co mando a distancia ir a "menú-configuración-vídeo- <>>".
deste modo o desco HD sempre sacará á vez, sinal por hdmi e por YPrPb, e seguirás vendo HD por hdmi.
- se o anterior non é posible, só queda a opción euroconector (perde calidade HD para conseguir que o euroconector poida sacar vídeo SD):
- ir co mando a distancia a "menú-configuración-vídeo-<>>"
o sinal HD é en realidade un sinal comprimido que o desco R HD se encarga de descomprimir. Dado que unha canle HD ocupa máis espazo que unha canle en definición estándar, o televisor tarda un pouco máis en recompilar a información que necesita para mostrar a canle en cuestión. Se o zapeo se fai entre varias canles HD, nótase certa ralentización que se compensa co incremento de calidade do sinal das canles emitidas en HD. Esta ralentización é unha característica do estándar HD (MPEG4) e é común a todos os sistemas comerciais.
a resolución 1080p (progresiva) é superior á 1080i (entrelazada) porque ten maior resolución vertical de vídeo subxectiva, coa mesma cantidade de liñas.
a resolución vertical da percepción dunha imaxe é normalmente equivalente á multiplicación das liñas activas por un factor de 0.6 (factor de Kell) no caso entrelazado. Isto significa que, ao ver o material escaneado de forma progresiva, a pantalla mostrará unha imaxe máis detallada en comparación con outra que haxa fora escaneada de forma entrelazada, aínda que ambas teñen exactamente a mesma resolución de pantalla.
ademais, 1080p elimina o "efecto peite" así como a perda de calidade e/ou claridade introducidos polo sistema entrelazado para evitar ese efecto e, finalmente, ofrece uns resultados moito mellores á hora de converter a unha maior resolución, como podería ser de 480p a 1080p. Isto é debido a que o proceso de "desentrelazado" se omite, o que se traduce en maior rapidez de procesamento dende a fonte de vídeo a mostrar.
polo tanto, en xeral, como se desprende do anterior, calquera resolución que ofreza o teu televisor, é mellor que escoller a acabada en “p” que a acabada en “i”.
a distancia de visionado mínima recomendada, é dicir a distancia hai entre onde nos vamos a sentar e o televisor, pódese fixar mediante unha regra moi sinxela: sumar medio metro de distancia ao televisor por cada dez polgadas de pantalla do televisor.
por exemplo, para desfrutar dun televisor de 32 polgadas con nitidez necesitaremos unha distancia mínima de 1,5 m.; para uno de 40 polgadas, 2 m. E se a este sinxelo cálculo podemos sumarlle medio metro extra mellor que mellor; pero iso xa vai depender doutros factores como a situación do televisor dentro da habitación con respecto ao sitio dende onde se verá, por exemplo.
si, o novo desco R HD pode descodificar os subtítulos que as canles envíen, sexa non formato que sexa (DVB, teletexto...) e para isto só hai que pulsar a tecla “subt” do novo mando universal R.
iso si, é necesario deixar claro que, aínda que algunhas canles anuncien subtítulos, estes cínguense a programas moi concretos. Se un programa ten subtítulos, o desco R HD vainos mostrar.
si, o desco SD pódese conservar como desco adicional (pagando unha cota mensual polo servizo), coa vantaxe de que así poderás ver distintas canles en cada televisor do fogar. Aínda que, como é lóxico, as canles HD se poderán desfrutar só no televisor conectado ao desco R HD.
as canles rebobina irán migrando progresivamente a formato HD a medida que os nosos clientes tamén o fagan. Progresivamente iremos migrando canles rebobina a formato HD.