é posible que o desco R HD non reciba corrente eléctrica polo que debes asegurarte de que o cable principal estea ben enchufado. Se a toma eléctrica ten un interruptor, comproba que estea acendido ou verifica que a toma de corrente dispón de subministro eléctrico (probando a enchufar, por exemplo, unha lámpada).
é posible que o desco estea apagado. Proba a acendelo pulsando a tecla correspondente do mando a distancia o do panel frontal do desco R HD.
pode que o receptor non estea conectado correctamente á televisión, polo que deberías comprobar que o cable HDMI estea ben conectado a ambos equipos e que a televisión estea acendida. Comproba tamén que a televisión ten seleccionada a fonte de sinal adecuada (HDMI por regra xeral).
é posible que o teu televisor non detecte automaticamente a entrada HDMI á que se conecta o desco R HD aínda que este estea acendido. O que debes facer é seleccionar co mando do teu televisor a entrada HDMI utilizando a tecla correspondente (input ou source a maior parte das veces).
de todos modos, moitos televisores con entrada HDMI lembran a última fonte de vídeo usada; acostúmate a acender o televisor co botón de acendido/apagado e no pulsando algunha tecla numérica (que che levaría a unha canal da televisión e non do desco R HD).
é posible que exista algún problema na negociación do sinal entre a túa televisión e o desco R HD. Desenchufa ambos aparatos, vólveos enchufar e, unha vez feito isto, selecciona a entrada HDMI da tele na que tes conectado o desco R HD a través da tecla correspondente do mando da televisión (input ou source na maior parte dos televisores).
é posible que las pilas se estean esgotando ou que estean mal colocadas; comproba que las pilas están ben colocadas o cámbiaas se o estimas oportuno.
se as pilas están ben, pero aínda así non permite manexar o desco R HD, comproba que está seleccionada a tecla “R” do mando a distancia. E, en todo caso, asegúrate de que o mando apunta directamente ao panel frontal do receptor e de que non haxa obxectos en dita liña de visión. Cada vez que pulsas unha tecla debería escintilar a luz infravermella do panel frontal.