as contas de correo de Mundo R actualizáronse para cumprir coas medidas de seguridade recomendadas. Isto implica que as versións máis antigas de Windows e algúns programas de correo xa non son compatibles por non soportar as medidas de seguridade esixidas polos novos servizos de correo electrónico.
os requisitos mínimos para usar o correo de Mundo R nun ordenador con Windows son:
podes acceder á versión online dende o seguinte vínculo
https://cloud.webmail.mundo-r.com
a versión online é a forma máis sinxela e a que che recomendamos para seguir usando o teu correo con normalidade. Ademais, ampliamos o tamaño da caixa de correos a 1GB sen custo algún, para que poidas dispor de todos os teus correos tamén dende calquera dispositivo.
se o anterior non te convence e dispós dun ordenador que cumpre os requisitos mínimos, podes configurar a conta nel, ou ben, se xa a tiñas configurada previamente, podes actualizar a configuración da conta como se indica máis adiante e seguir usándoa dende o teu programa de xestión de correo habitual.
se é a primeira vez que vas configurar a conta, precisarás ter a man o contrasinal. Pola contra, se xa a tiñas configurada previamente podes actualizar a configuración sen necesidade de introducila novamente.
estes son os datos que vas precisar:Cando cho pida, debes indicar na sección usuario o enderezo de correo completo con xxxxxx@mundo-r.com:
exemplo:
1.usuario: micuenta@mundo-r.com e introducir os seguintes datos como servidores de correo entrante e saínte.
2.servidor de correo entrante:
imap.cloud.mundo-r.com
porto 993
marcar ou seleccionar usar "SSL"
3.servidor de correo saínte:
smtp.cloud.mundo-r.com
porto 587
marcar ou seleccionar cifrado "SSL"