internet para estudantes
fibra para o teu piso de estudante
Fibra MAX de 1 Gb
Fixo
+ Chamadas
Despois 44 €/mesDesglose
por que contratar internet para estudantes en R?
a mellor fibra para estudantes
durante o curso, no teu piso de estudantes necesitas unha boa conexión de fibra e, ademais, aforrar. É dicir, se tes internet para estudantes barato, mellor que mellor. Iso é o que che ofrecemos na conexión para estudantes. Fibra con 1Gb simétrico ao mellor prezo. Perfecto para conectarte a calquera clase ou curso en liña, para descargar os apuntamentos e os materiais académicos e tamén ideal para gozar do teu tempo libre.
cun wifi con máis cobertura
engadímosche a mellor wifi. Como seguramente compartes piso durante o curso e sodes varios estudantes, necesitas boa cobertura e nós temos a mellor solución. Grazas á cobertura do noso router con wifi 6, a experiencia será moi boa. Aínda que sexades varias persoas conectadas ao mesmo tempo a internet, a conexión sempre irá fluída. Ademais, wifi 6 está preparado para xestionar moitos dispositivos tirando da rede: tabletas, portátiles, móbiles, a tele... E grazas á nosa rede de fibra, contarás coa mellor latencia para xogar en liña.
un internet estudantes para usar durante o curso
seguramente vives noutra localidade e, durante o curso, vives nun piso de estudantes. É dicir, só estás durante uns meses e non necesitas fibra durante os 12 meses do ano. Por iso, este internet só ten permanencia durante 9 meses, o que dura o curso. Cando chegue o verán podes facer dúas cousas: ou dar de baixa o servizo ou ben suspender o servizo. Se volves ao mesmo piso, podes reactivar o servizo en setembro.
con teléfono fixo
aínda que non esteas afeito usar o teléfono fixo, seguro que os teus pais ou os teus avós, si. Por iso quedarán máis tranquilos se saben que te poden chamar a un teléfono fixo no piso. Ademais, se nalgunha ocasión quedas sen batería no teu móbil, sempre te podes animar a usalo. Incluímosche cada mes tarifa plana a teléfonos fixos nacionais.