Mundo-RMundo-R

Google Pixel 8a: a maxia da IA

Pura maxia e espírito práctico. Crear listas de tarefas ou xestionar chamadas telefónicas é máis rápido e áxil co teu novo Google Pixel 8a grazas á IA de Google do terminal.

Ademais, podes facer bo uso do seu Filtro de Chamadas para minimizar o molesto spam telefónico e da función Chamadas Nítidas para realzar a voz de quen chama e eliminar ruídos de fondo.

Para as procuras, só tes que rodear cun círculo as imaxes, vídeos ou textos que queiras.

Se necesitas unha tradución inmediata, o Google Pixel 8a dácha.

Con estilo

A pantalla de 6,1 polgadas do Google Pixel 8a presume de estilosas esquinas redondeadas e da súa gran resistencia á auga e ao po.

Con potencia

O potente procesador Google Tensor G3, combinado co sistema operativo Android 14, ocúpase de que a fluidez e a velocidade non che falten, fagas o que fagas co teléfono.

Tamén conta con 8GB de RAM e, para almacenamento, 128 GB.

Con actualizacións de seguridade incluídas... durante anos

Co Google Pixel 8a terás 7 anos de actualizacións do sistema operativo e das súas moitas solucións de seguridade. Como as alertas de crises, as chamadas de auxilio se tes algún accidente co coche ou a protección adicional con VPN de Google One integrada.

Con batería para todo un día

A batería de 4492 mAh do Google Pixel 8a ten autonomía para máis de 24 horas.

Ademais, dispón de carga rápida e carga sen fíos.

Con cámaras que sacan a túa mellor versión

A Cámara Pixel con Intelixencia Artificial achega calidade e nitidez, con ou sen luz.

O sistema de cámara dual traseira incorpora lente gran angular e ultra gran angular e zoom de alta resolución de ata 8 aumentos.

Google Pixel 8a ten solución para ollos pechados ou miradas distraídas: chámase Mellor Versión.

Para quitar ou modificar obxectos e fondos, Editor Máxico.

E, se o teu son os vídeos, elimina sons non desexados que se coaron na gravación co Borrador Máxico para Audio.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas