

iPhone 15: todas as novidades
Apple supérase con cada novo modelo de iPhone e co iPhone 15 volve facer. Entre as novidades destacan o conector USB-C, o sistema avanzado de cámaras dual de 48 MPX ou o novo sistema de notificacións Dynamic Island.
Imos repasar todo o que necesitas saber.
Pantalla máis brillante e resistente
O adxectivo que mellor describe ao iPhone 15 é resistente. Unha calidade que aplica á parte dianteira con vidro Ceramic Shield e ao marco de aluminio de calidade aeroespacial. Ademais, é resistente á auga, ata 6 metros durante media hora máximo.
E tamén a comodidade, para ver a pantalla co brillo suficiente cando vai moito sol grazas á Super Retina XDR. E confort tamén no agarre que che dá o novo perfilado nos bordos.
A pantalla conta cun brillo HDR extra para ver os teus contidos na súa pantalla de 6,1 polgadas e resolución 2556 x 1179.
Contidos que podes seguir vendo mentres o novo Dynamic Island che avisa en tempo real do estado das apps que usas para pedir comida ou facer deporte.
Cámara dual con gran resolución
O iPhone 15 incorpora un sistema avanzado de dobre cámara que che dá fotos nunha altísima resolución grazas á tecnoloxía Photonic Engine: combina o mellor de alta resolución cunha imaxe optimizada, para que teñas unha foto de 24 MPX de peso, máis fácil de compartir e gardar, pero cunha resolución de 48 MPX.
Más detalles da cámara dual: tres niveles de zoom, modo noite automático, HDR Intelixente que optimiza a túa imaxe e o fondo, vídeo en 4K con modo acción para imaxes en movemento e modo cinema.
Cámara principal: 48 MPX e apertura f/1.6.
Ultra grande angular: 12 MPX, apertura f/2.4 e ángulo 120°.
Cámara TrueDepth para selfis: 12 MPX e apertura f/1.9.
A memoria deste modelo de iPhone 15 para gardar todas as túas fotos e vídeos é de 128GB.
Batería para 20 horas de vídeo
A batería do iPhone 15, de 3.349 mAh, ten autonomía para un día enteiro e para que vexas vídeos ata 20 horas.
A rapidez e resolución na experiencia de usuario está asegurada polo seu potente chip A16 Bionic, a tecnoloxía 5G e as redes Wifi 6. Ademais, ten unha RAM de 6GB e sistema operativo iOS 17.
Pero sen dúbida a maior novidade chega coa incorporación do novo conector USB-C, que che vale para cargar tamén o teu iPad ou o Mac.
Como ves, un acerto asegurado.