

Motorola G15: fotos ideais de día e de noite
Queres facer fotos de paisaxes, de momentos, de obxectos, de persoas...? Dá igual o que necesites: o Motorola G15 plásmaos á perfección con calidade profesional.
O sistema de cámaras de 50 MP do Motorola G15 e a súa avanzada tecnoloxía Quad Pixel póñencho moi fácil.
Terás o máximo detalle grazas ao sensor de 50 MP e ata catro veces máis escena no encadre co ultra grande angular de 5 MP.
Para os selfies, cámara dianteira de 8 MP. Para conseguir retratos ideais, á túa disposición a función Retrato, con Intelixencia Artificial incorporada.
Pantalla con imaxe e son de cinema
Queres vivir unha experiencia de cinema? Aquí tes a pantalla Full HD+ do Motorola G15. Dispón de 6,72" e ofrece unha imaxe envolvente que che atrapará.
Capaz de axustar tons e brillos a cada momento, co modo Alto brillo, e de plasmar exteriores con extra de realismo.
Unha pantalla de luxo que conta con calidade de son Dolby Atmos. Os seus altofalantes estéreo reforzan os graves e as voces soan nítidas tanto se usas auriculares coma se escoitas a través de altofalantes.
Aproveita o seu rendemento e autonomía
O Motorola G15 incorpora o procesador MediaTek Helio G81 Extreme e a tecnoloxía HyperEngine Gaming. O seu sistema operativo é Android 15.
Fluidez e rendemento garantidos.
Do mesmo xeito que a súa autonomía, xa que dispón dunha batería de 5200 mAh que se carga máis rápido e ofrece ata 2 días de autonomía grazas a TurboPower.
Expansión de memoria
Aínda hai máis.
O Motorola G15 conta con 8 GB de memoria interna e ata 24 GB de RAM, mediante a función Expansión de memoria.
Para almacenamento, 512 GB, que poden ampliarse ata 1 TB.
Elegancia natural
O Motorola G15 aposta pola sustentabilidade e o seu acabado está realizado en coiro vegano.
Todos os seus materiais son de alta calidade, o cal se traduce en elegancia, lixeireza e tamén resistencia. O cristal Corning® Gorilla® Glass 3 parece máxico: non se inmuta nin con rozamentos nin con salpicaduras.