Mundo-RMundo-R

Oppo A57s, navegación rápida e fluída potenciada pola IA

Non estamos para perder o tempo. E co Oppo A57s verás que o teu móbil vai á velocidade do raio. Todo é máis fluído, non perderás nin un minuto. E isto debémosllo ao novo procesador Octa-Core.

A partir de agora os teus ollos non serán capaces de seguir o que fagas na túa pantalla do móbil. Abrir e cambiar de aplicación será máis rápido que nunca para que todo o que fagas co teu teléfono sexa gozar.

Novo potenciador do sistema mediante IA

O novo potenciador do Oppo A57s utiliza a IA para acelerar todo o sistema. Notarás máis velocidade en todo o que fagas. Todo irá máis fluído, desde recibir un correo electrónico ata xogar a videoxogos. Dálle a benvida a unha experiencia máis suave con todo o que pase pola túa pantalla.

Expansión de RAM

Non sexas unha persoa negativa. Este novo potenciador do sistema non fará que o teu Oppo A57s teña menos memoria. Por que? Porque che dá a posibilidade de engadir ata 4 GB de RAM ampliada.

A expansión de RAM prioriza os recursos para as aplicacións que están en execución, de modo que estas ábrense e cargan máis rápido para que goces dun funcionamento fluído.

Carga segura e optimizada

Outra das vantaxes do teu novo Oppo A57s é a súa carga nocturna optimizada. Máis seguridade grazas á protección de carga nocturna con IA incorporada. O teu teléfono evitará as posibles e molestas sobrecargas de maneira intelixente.

Isto lógrase grazas a que o teléfono programa un plan de carga da batería por períodos e permíteche durmir tranquilamente coa súa protección anti quecemento.

Batería de longa duración

E se cargar o teu móbil xa non supoñerá esforzo, o Oppo A57s ten batería de longa duración para que non esteas pendente de buscar enchufes ou de que se corten as túas chamadas.

A súa batería de 5000 mAh proporciónache suficiente enerxía para mergullarche nas túas series favoritas durante máis de 15 horas seguidas.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas