Mundo-RMundo-R

Xiaomi Redmi Note 13 5G: fotos doutro nivel

E é que a súa tripla cámara de 108 MPX dálle ás túas fotos unha calidade e nitidez únicas. Pero o Xiaomi Redmi Note 13 5G non só destaca niso, tamén a súa pantalla AMOLED FHD+ e a súa gran autonomía ou rapidez de carga.

Calidade e nitidez de fotografía

Tres cámaras e algoritmos intelixentes fan que as fotos do Xiaomi Redmi Note 13 sexan doutro nivel, cun grao de detalle que che vai a sorprender, grazas ao modo ultranítido de 108 MPX e ao zoom de 3x.

Podes elixir varios modos, dependendo da instantánea que queiras sacar: modo retrato, modo macro para achegarte con todo luxo de detalle a esa ración de polbo que vas a comer nunha terraza ou modo ultra grande angular para facer fotos das paisaxes máis bonitas de Galicia.

E para gravar vídeos conta con filtros de filmCamera para que consigas un acabado de cinema.

  • Cámara principal 108 MPX e apertura f/1,7.
  • Cámara ultra grande angular 8 MPX e apertura f/2,2.
  • Cámara macro 2 MPX e apertura f/2,4.

A cámara frontal para selfies ten 16 MPX e unha apertura f/2,4.

Pantalla AMOLED de 6,67" e deseño lixeiro

Xiaomi quere que teñas a mellor experiencia de imaxe co Redmi Note 13 5G. Verás vídeos con máis amplitude na súa pantalla de 6,67 polgadas FHD+ (2400 x 1080 px) e unha profundidade de cor de 10 bits.

Os biseis fanse ultrafinos para mellorar esa visión e o axuste de brillo ou o axuste dos ritmos circadianos coidan dos teus ollos controlando a temperatura de cor da pantalla.

Ao tacto, notarás a súa lixeireza nun corpo compacto de 7,6 mm de grosor. Conta con sensor de pegadas no lateral e desbloqueo facial por IA.

Ademais, resiste a auga, as salpicaduras e ao po, pero úsao sempre con sentidiño.

Rendemento 5G e gran batería

A súa batería de 5000 mAh dálle ao Xiaomi Redmi Note 13 unha grande autonomía. E a súa carga rápida de 33W tarda un suspiro en darche a enerxía que necesita para continuar.

Respecto á carga, Xiaomi introduce varias funcións que alongan a vida da batería. Axusta a carga a diferentes situacións, por exemplo, reduce a temperatura cando xogas ou gravas vídeos que teñen unha carga máis esixente.

A fluidez e a rapidez en uso están garantes polo seu procesador 5G de oito núcleos, a dobre SIM 5G, 8GB de RAM ampliable e o sistema operativo MIUI 14.

Ademais, a memoria de almacenamento de 256GB darache para conservar as túas fotos no móbil durante moito máis tempo.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas