Mundo-RMundo-R

Xiaomi Smart Pet Fountain, silenciosa e cómoda

Xiaomi Smart Pet Fountain funciona a pleno rendemento sen que te decates. O seu mecanismo de silenciamento en tres pasos e a bomba do compartimento superior combínanse para evitar as resonancias e conseguir unha contorna silenciosa.

Como funciona? Conta cun circuíto circular capaz de ofrecer auga corrente con fluxo de osíxeno. Sen ruídos e cómoda, Xiaomi Smart Pet Fountain ofrece auga fresca para a túa mascota as 24 horas do día.

Os seus 2 litros de capacidade satisfán as necesidades de auga dun gato adulto ata 7 días. Por se xorde algún imprevisto, ten unha pequena dose de reserva escondida na tapa.

Para poñercho aínda máis fácil, podes monitorizar Xiaomi Smart Pet Fountain de forma remota desde a aplicación Mi Home. Así coñecerás se debes cambiar o filtro ou repoñer auga.

A primeira ollada, tamén o saberás grazas aos seus indicadores luminosos. Por exemplo, se ves o indicador vermello de nivel de auga da fonte, toca engadir auga.

Limpeza, comodidade e seguridade

Xiaomi Smart Pet Fountain límpase de forma fácil e rápida. Evita os atascos de pelo grazas ao seu filtro con deseño dividido. E as súas follas de ventilador de elevación magnética tamén son de fácil desmonte.

Tampouco hai complicacións para repoñer auga. Se levantas a tapa, apágase automaticamente; cando volves pechala, retoma a súa actividade.

Todo iso sen descoidar a seguridade mediante opcións avanzadas de apagado intelixente, cable resistente a mordeduras ou alfombra antiescorreduras.

Prioridade: coidar a saúde da túa mascota

Por unha banda, Xiaomi Smart Pet Fountain foi fabricado con materiais aptos para o contacto con alimentos.

Por outro, o filtrado intensivo en catro etapas atrapa pelo, cloro, partículas finas e eses ións que provocan cálculos renais á túa mascota.

Un deseño con premio

Xiaomi Smart Pet Fountain sobresae polo seu coidado deseño, recoñecido co premio IF Design Award 2020.

Pero a boa imaxe non está rifada coa comodidade. O ángulo de inclinación de 7º e unha ampla superficie permiten beber de forma cómoda e correcta á túa mascota.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas