Un novo cliente que contrate un Pack Infinity e o servizo de DAZN Esencial ou DAZN Total poderá gozar dun desconto do 100 % da cota durante as 3 primeiras facturas, a do mes da activación e 2 máis. A partir da cuarta factura, se decides quedar con Dazn Esencial ou Total o prezo incrementarase en 18,99 €/mes e 29,99 €/mes, respectivamente. Esta promoción leva asociada unha permanencia de 3 meses en DAZN. Penalización por baixa anticipada do servizo: 60 € rateables. No caso do que o cliente solicite o servizo de DAZN sen permanencia, a cota a aplicar será de 29,99 €/mes en DAZN Esencial e 39,99 €/mes en DAZN Total.
Condicións xerais DAZN
O servizo de subscrición personalizada para o acceso a contidos audiovisuais de DAZN está prestado por DAZN Spain, S.L., empresa pertencente ao Grupo DAZN, rexistrada en España, con domicilio social en Avenida del General Perón, 40, Bloque D, 2ª planta, 28020, Madrid, España.
No caso de que o acordo comercial entre R e DAZN finalizase ou se modificase e, polo tanto, R non puidese ofrecer os contidos de DAZN nos termos pactados, comunicarase expresamente aos clientes este feito.
Para poder visualizar DAZN requírese un dispositivo compatible e conexión a Internet, ademais os clientes necesitarán activar o servizo DAZN incluído no Pack DAZN Total ou DAZN Esencial con DAZN seguindo este proceso detallado en https://mundo-r.com/gl/dazn
Os servizos de DAZN TOTAL e DAZN ESENCIAL facturaranse ao CLIENTE por R na factura de servizos de telecomunicacións.
Para gozar dos contidos, o cliente deberá activar o seu plan con DAZN. En caso de que o cliente non active o seu plan con DAZN, unicamente se cobrará a cota íntegra de DAZN Total ou DAZN Esencial do primeiro mes, anulándose aos 31 días a subscrición ao servizo para evitar cargos adicionais.
Un cliente só poderá ter activo como máximo un servizo de DAZN Total ou Esencial.
O cobramento do servizo de DAZN Total ou Esencial farase de xeito rateado de acordo coa cantidade de días que o cliente gozara do servizo, durante o mes de facturación.
O cliente só poderá facer unha activación ou cancelación ao mes de DAZN ESENCIAL ou Total.