Mundo-RMundo-R

Honor X8, rápido, eficiente e multifunción

Navegar, chatear, reproducir vídeos, xogar... Non é fácil que un terminal che permita realizar todas estas funciones con fluidez, axilidade e calidad. O Honor X8 consígueo grazas ao seu potente procesador Snapdragon 680 con eficiencia enerxética de 6 nm.

Cos seus 128 GB de almacenamento interno, o resultado é un terminal súper rápido e operativo. Ademais, podes engadir 2GB virtuais á súa memoria estándar de 6GB. Vantaxes de usar tecnoloxía intelixente de expansión da memoria.

A carga rápida de batería é outro dos seus puntazos. Para empezar, podes engancharte durante tres horas aos teus vídeos favoritos sen que se esgote. E para cando necesitas recargar, podes facelo en tan só10 minutos coa opción rápida de HONOR SuperCharge de 22,5 W.

Con velocidade e carga, é o momento de facer fotos. Xa verás que calidade achega a Cámara cuádruple ultranítida de 64 MP. Para máis variedade, bota man da Cámara Grande Angular, a Cámara de Profundidade ou a Cámara Macro. E personaliza ao teu gusto co Modo Retrato, Profesional, Filtro, Cámara rápida ou Capturar sorrisos.

Tampouco a pantalla che deixará indiferente. Sabes o que consigue a súa frecuencia de actualización de ata 90 Hz? Extra de fluidez na visualización. Ademais, a frecuencia de actualización de pantalla axústase de forma intelixente para optimizar el consumo de enerxía.

E todo isto nun terminal especialmente fácil de soster e de manexar. O seu deseño minimalista conta con bordos laterais planos e esquinas redondeadas, só pesa 177 gramos e o seu grosor non supera os 7,45 mm.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas