Mundo-RMundo-R

Estrena los estilos fotográficos con el iPhone 13

Queres darlles ás túas fotos un estilo único e inconfundible? Van encantar os novos estilos fotográficos que incorpora o iPhone 13. As súas posibilidades son moito máis amplas que as dos filtros e permítenche axustar a imaxe zona por zona, sen modificar os tons de pel.

E tes 256GB de almacenamento para gardar todas esas fotos de auténtico experto.

Co iPhone 13 non perderás nin un detalle nas imaxes. A súa pantalla OLED é todo brillo, nitidez... e resistencia.

A tecnoloxía Ceramic Shield faio máis duro que calquera vidro de smartphone e resistente á auga. Xa podes preocuparche un pouquiño menos de que 'sufra' as choivas do inverno.

Se falamos de cámaras, o iPhone 13 conta cunha cámara ultra gran angular que achega ata un 47% máis de luz e detalle ás zonas escuras das túas fotos. Tamén dispón dun sistema de cámara dual avanzado de 12 MPX e unha frontal TrueDepth, a que se usa para o Face IDE, con recoñecemento facial en 3D.

O modo Cinema é outra das novidades do iPhone 13. Séntete coma un auténtico director de cinema cambiando o enfoque de maneira selectiva para centrar a atención nun ou outro personaxe.

E a batería? O iPhone 13 dáche ata 2,5 horas máis de autonomía.

Ademais, toma nota do procesador A15 Bionic. O que se di outro mundo en cuestión de velocidade. O mellor aliado para o sistema operativo iOS 15 que estrea o iPhone 13.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas