Mundo-RMundo-R

Oppo A17: extra de cor e son

O Oppo A17 chega con extra de volume externo para a reprodución de contidos, os tons de chamada ou as notificacións.

Máis son e tamén máis cor nunha pantalla con ampla gama de cores vivas que coida a túa vista grazas á atenuación intelixente e a unha delicada definición.

Fotos melloradas con Intelixencia Artificial

Para inmortalizar os teus mellores momentos, tes unha cámara frontal de 5 MPX e a xoia da coroa: unha cámara principal traseira de 50 MPX con extra de nitidez que mellora as túas imaxes coa axuda da Intelixencia Artificial.

Con gran resolución, atención aos mínimos detalles e calidade nas vistas panorámicas. Usa o seu efecto bokeh e retoque de retratos para axustar tons de pel e do ambiente. Ou realiza xeniais selfies HDR, mesmo a contraluz.

Deseño en coiro

Verás como loce a nova cuberta traseira de coiro de imitación do Oppo A17.

Un detalle especial nun modelo de estilo xeométrico e tacto agradable. Para facer a parte frontal do móbil aínda máis compacta, o sensor de luz está oculto na parte superior da pantalla.

Deseño innovador e materiais de calidade que conseguen maior resistencia ao po e á auga.

Máis personalización con ColorOS 12

ColorOS 12 conta con control de acceso de 5 niveis, protección de datos personalizable e panel de privacidade; FlexDrop, que che permite usar varias aplicacións en simultáneo a pantalla completa ou en miniventanas; e traducián a máis de 100 idiomas con Google Lens.

Fluidez, autonomía e máis almacenamento

O Oppo A17 incorpora unha batería de longa duración de 5000 mAh que che dará autonomía durante todo un día aínda que uses coma unha bala varias aplicacións á vez.

Rendemento e fluidez asegurados, do mesmo xeito que a súa capacidade de almacenamento. Porque o seu innovador sistema de expansión de RAM permíteche ampliala ata os 4 Gb.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas