Mundo-RMundo-R

Oppo A54s, batería de longa duración e cámara tripla

Buscas un móbil cunha gran batería e que faga fotóns por un prezo moi baixo? Telo diante, o Oppo A54s.

Batería de longa duración de 5.000 mAh, cámara principal de 50 MPX con Intelixencia Artificial e 128GB de almacenamento. Esa é a súa carta de presentación. Pero hai máis.

Pantalla LCD de 6,52 polgadas HD+ que coida os teus ollos. Axusta o brillo de forma automática para que non teñas que forzar a vista se está moi escuro ou o brillo non che deixe ver ben a pantalla. 

Está pensado para a túa comodidade, con só 190 gramos de peso e 8,4 mm de grosor, e para que che entre pola vista cun corpo de bordo curvo 3D. Ademais, conta con desbloqueo facial e con lector de pegadas no lateral. 

A cámara do Oppo A54s fai fotos a máxima resolución e cun resultado optimizado pola Intelixencia Artificial. Xa fai ela a súa maxia para poñerche máis guapo e que as cores se vexan moi vivos. 

A tripla cámara distribúese en: sensor principal de 50 MPX, unha lente macro de 2 MPX e unha de profundidade de 2 MPX. Ademais, para o efecto bokeh podes xogar con 15 filtros que che darán un resultado de auténtico artista. 

A cámara frontal para facerche selfis é de 8 MPX.

E para gardar durante máis tempo no teu teléfono todas as túas fotos e vídeos contas con 128GB de almacenamento. Se non fose suficiente para o uso que lle dás, podes aumentar a súa capacidade cunha memoria externa.

E falando de tarxetas, o Oppo A54s é dual nano SIM, así que podes levar dous SIM no mesmo teléfono.

Falemos da batería, que é o outro puntazo do A54s. Os seus 5.000 mAh danche para máis de 20 horas de Youtube. Pero é que o Modo Super Aforro de Enerxía déixache enviar WhatsApps durante unha hora aínda con só un 5% de batería.

E en canto a rendemento, vai moi ben para que descargues rapidamente e xogues a toda velocidade coas súas 4GB de RAM e ColorOS 11.1 baseado en Android 11.

Como ves é un móbil de categoría a un prezo moi alcanzable.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas