Mundo-RMundo-R

Oppo A78 5G, a batería é o primeiro

Un estudo recente realizado por Oppo revela que o 96% dos españois está pendente do estado da batería do móbil e ao 91% tranquilizaríalle poder cargar o móbil ao 50% nuns 15 minutos. Con estes datos, non é de estrañar que Oppo aposte por poñer o foco na batería. Así o fai no Oppo A78 5G, que analizamos en detalle.

Batería de longa duración e carga rápida

Empezamos, precisamente, vendo como se comporta en autonomía. A súa batería de 5000 mAh durarache un día e medio e conta cos modos Superaforro de enerxía e descanso.

Para que te fagas unha idea, por poñer un exemplo, podes xogar co Oppo A78 5G durante case 8 horas.

E cando se estea esgotando, a carga súper rápida de 33W darache un 52% de batería en media hora.

Cámara principal de 50 MPX e gran almacenamento

Consegue imaxes ultra nítidas coa cámara principal de 50 MPX con Intelixencia Artificial e a segunda cámara de 2 MPX. Potencia a túa beleza natural ou esfuma o fondo nos retratos. Feixe vídeos monocromáticos, destacando só unha cor e deixando o resto en branco e negro. O efecto é unha preciosidade.

Almacena todas estas imaxes na túa Oppo A78 5G sen preocuparche de envorcalas ao computador. Para almacenar dispós de 128GB, que podes ampliar cunha tarxeta microSD ata 1TB.

Deseño e son incribles

Oppo mantense fiel ao seu estilo no A78 5G, con lector de pegadas baixo a pantalla. Resiste a auga e a IA adáptase ás túas preferencias de uso para evitar a fatiga ocular.

Deseño e son incribles

O Oppo A78 conta cunha pantalla LCD de 6,43 polgadas e resolución 2520 x 1080.

Destaca especialmente en son, os seus altofalantes estéreo duais ofrecen un son envolvente. Ademais, podes configurar o volume e subilo ata un 200% para que te decates ben cando te están chamando.

Procesador para navegar a toda velocidade

Procesa máis datos con menos consumo de enerxía, grazas ao procesador de oito núcleos a 2,2 Ghz. Conta con 4GB de RAM, velocidade 5G e sistema operativo Android 12.

Polo demais, é dual nanoSIM para que poidas utilizar a tarxeta do traballo e a persoal no mesmo móbil.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas