Mundo-RMundo-R

Samsung Galaxy A33 5G: pantalla amplia e fluída

A cámara está, pero o diseño Ambient Edge intégraa tal xeito que non hai ningunha fisura. Un dos detalles máis innovadores do Samsung Galaxy A33 5G.

Lixeiro e funcional, este terminal de 6,4 polgadas será o teu mellor amigo para realizar fotografías. Toma nota: Cámara OIS 48MPCámara Ultra Grande Angular, atende os detalles coa Cámara Macro e enfoca coa Cámara de Profundidade.

tecnoloxía FHD+ Super AMOLED achégalle alta resolución e realismo nas cores. O seu modo Diversión axusta os filtros para que personalices ao teu gusto as túas fotografías.

Sabías que a Intelixencia Artificial lle permite axustar automaticamente as imaxes? AI Image Enhancer consigue fotos incribles.

E cando queiras gardalas, 128 GB de almacenamento interno. Ou insire, se o necesitas, unha tarxeta microSD de ata 1TB.

Se ti es multitarefa, tes que saber que o Galaxy A33 5G tamén o é. O novo procesador Octa-Core de 5nm permite navegar, compartir, descargar... Un terminal xa preparado para a conexión 5G.

Ademais, a clasificación IP67 faino resistente ao po e ás salpicaduras. Que útil para un galego/a! E dispón da protección adicional de Gorilla Glass 5 para facer fronte a pequenos roces.

Falando de durabilidade, a súa batería é de récord. Aguanta ata dous días e dispón dunha opción especial de carga rápida de 25 W.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas