Mundo-RMundo-R

Samsung Galaxy A34, unha experiencia alucinante

É a promesa de Samsung co seu novo modelo A34 5G e estamos seguros de que vas ter esa sensación cando o probes. Porque as fotos son de moita calidade, a batería dúrache dous días, é rápido e ten pantalla grande.

Empezamos?

Pantalla de 6,6 polgadas

O Samsung Galaxy A34 5G conta cunha gran pantalla de 6,6 polgadas e tecnoloxía Súper AMOLED. O brillo que alcanza é de 1.000 nits, para que vexas mellor mesmo a pleno sol. E a taxa de refresco, que fai que sexa fluído ver contidos, é de 120 Hz.

Ademais, resiste ao po e á auga. Está testado en auga doce a unha profundidade dun metro e uns 30 minutos. Coma sempre, “sentidiño”.

Maior calidade de imaxe na escuridade

Samsung Galaxy A34 5G incorpora a función Nightography, con melloras de estabilización óptica de imaxe (OIS) e vídeo (VDIS). Consegue máis nitidez e brillo, mesmo se está escuro. Aí debes usar o modo noite para moi bos resultados.

Ademais, as ferramentas de IA remasterizan as túas fotos, con menos movemento nas imaxes e maior resolución. Tamén podes eliminar da foto as sombras, reflexos e directamente obxectos que estragan a túa foto.

Así veñen equipadas as cámaras melloradas do Samsung Galaxy A34 5G:

  • Cámara principal de 48 MPX, f1.8 e estabilizador óptico de imaxe
  • Cámara ultra grande angular de 8 MPX, f2.2
  • Cámara macro de 5 MPX, f2.4
  • Cámara para selfis de 13 MPX, f2.2

Batería de longa duración

Outro dos puntos fortes do Samsung Galaxy A34 5G é a duración da súa batería de 5.000mAh, que pode chegar a dous días sen necesidade de enchufar.

E o mesmo co almacenamento, dura moito sen ter que descargar as fotos e vídeos ao computador. Con 128GB de memoria interna as túas fotos acompañarante durante máis tempo no teléfono. E sempre podes ampliala cunha tarxeta externa microSD ata 1TB.

Se falamos de rendemento, moi fluído na multitarefa, a experiencia de xogo ou de traballo. É o que ten a conectividade 5G, á que se suma un procesador octa-core, 6GB de RAM e Android 13.

Xa nos contarás que tal a experiencia cando o teñas nas túas mans.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas