

Xiaomi Redmi 10C e a súa batería de 5000 mHh para un par de días
29 horas de lectura, 190 horas de música, 19 horas reproducindo vídeos ou 11 horas de xogos. Case nada o que aguanta a súper batería de 5000 mAh do Xiaomi Redmi 10C. Imaxinas despreocuparte de cargalo durante un par de días? E, ademais, con posibilidade de carga rápida de ata 18 W.
Porque de rapidez entende moito este terminal. O mérito está no seu procesador Snapdragon® 680 con oito núcleos e baseado no proceso de 6 nm distintivo. E na súa memoria UFS ultrarrápida que achega fluidez e eficiencia. Porque o Xiaomi Redmi 10C teno claro: fai máis cousas máis rápido.
Se falamos de deseño, toca destacar que a calidade e a variedade de funcións non está rifada co tamaño. Un terminal pequeno e que pesa 190 gramos é capaz de comportarse como un campión para todo o que ti necesites.
Para facer fotos, tes unha cámara principal de alta resolución de 50 MPX e unha cámara de profundidade de 2 MPX. Atención ao detalle, nitidez e un bo lote de opcións como o Modo Retrato, que crea un efecto de bokeh natural.
E non esquezas de gardar as túas mellores creacións. Tes unha memoria RAM e ROM de 4 + 64 GB/4 + 128 GB que podes ampliar ata 1 TB.
Apetéceche ver vídeos? O Xiaomi Redmi 10C ten unha pantalla de 6,71" coa que gozarás dunha experiencia visual inmersiva e, se che apetece, dos teus contidos favoritos de Netflix HD e Prime Vídeo HD.
O bo son tamén está garantido co seu poderoso altofalante con son vibrante capaz de ofrecer un 40 % máis de volume que a xeración anterior.