Acordos comerciais con empresas do grupo
O Grupo Euskaltel está formado polas seguintes Operadoras de Telecomunicación:
- Euskaltel S.A., que ten domicilio social no Parque Tecnológico, Edificio 809. 48160 Derio, CIF: A-48766695 e R Cable y
- Telecable Telecomunicaciones S.A.U. con domicilio social en Rúa Real, 85. 15003 A Coruña. CIF: A-15474281
Os datos que facilites a unha das compañías do Grupo serán xestionados por ambas, en calidade de Corresponsables do Tratamento, nalgúns casos. Seguidamente queremos informarte do que significa esta Corresponsabilidade para ti.
Sempre terás información nas nosas Políticas de Privacidade sobre os tratamentos que realizaremos como Corresponsables, así como daqueles que serán só responsabilidade da empresa coa que estableciches a relación contractual.
Independentemente de a que empresa te dirixas á hora de solicitar algún dereito en protección de datos, estes serán atendidos igualmente; aínda que para ser máis áxiles necesitamos que nos informes da empresa da que es cliente.
Ademais, ambas as empresas asinamos un contrato de Corresponsabilidade onde figuran as funcións e responsabilidades de cada unha. Será responsabilidade da empresa coa que tes relación contractual:
- Facilitarche toda a información relativa aos tratamentos dos teus datos.
- Obter as probas necesarias da lexitimidade do tratamento, incluíndo os consentimentos.
- Tramitar e dar resposta aos dereitos que nos solicites: acceso, oposición, supresión, portabilidade, etc.
- Comunicarche a ti e/ou á Axencia Española de Protección de Datos calquera violación dos teus datos persoais que poida supor un risco para ti.
Mentres que será responsabilidade conxunta de ambas as empresas:
- Definir cada tratamento de datos e a información sobre eles para transmitirche.
- Realizar as diferentes análises de riscos en protección de datos, Avaliacións de Impacto en Protección de Datos e as consultas á Axencia Española de Protección de datos que sexan necesarias.
- Manter seguros os teus datos mediante a definición, implantación, seguimento e evolución das medidas de seguridade necesarias, segundo as citadas análises de riscos.
- Xestionar adecuadamente os incidentes de seguridade que puidesen producirse, para reducir o impacto en ti destes.
para os nosos clientes de R
descarga a app
escríbenos
teléfono de contacto de R
- chámanos ao 1449
- dende o estranxeiro: +34 698 111 449
-
luns a venres de 9-21h.
sábados de 9-14h.
resolve as túas dúbidas