Dereito acceso
Exercendo este dereito poderás coñecer que datos tratamos sobre ti.
Se es Cliente podes solicitalo enchendo o formulario incluído máis abaixo, achegando unha copia do teu DNI (en caso de actuar por medio dun representante legal, é necesario achegar copia do DNI do representante, así como o documento que recolla a representación) e enviándonolo ao correo electrónico docu@mundo-r.net ou ao seguinte enderezo postal C/Real 85, 15003 A Coruña (A Coruña)
Se non es cliente bastará que por estas mesmas vías nos facilites algún dato para poder localizarte, e se precisásemos algo máis indicarémoscho.
Prazos:
No prazo de 1 mes informarémoste sobre a aceptación ou denegación da túa petición. Ou se a solicitude fose moi complexa para nós, este prazo podería ampliarse aos 3 meses.
Lembra que este dereito é persoal e que só poderá exercelo o titular dos datos solicitados. O que no caso das gravacións de chamada inclúe que só o titular da voz poderá solicitar acceso, a condición de que teñamos forma de autenticar que esa voz se corresponde con quen solicita o dereito.
No caso de que solicites acceso a unha gravación, remitiráseche un arquivo de audio coa mesma.
Calquera sistema operativo |
---|
Nome: dereito_acceso.pdf |
Tamaño: 21,57 Kb |
Descargar o formulario de dereito de acceso |
para os nosos clientes de R
descarga a app
escríbenos
teléfono de contacto de R
- chámanos ao 1449
- dende o estranxeiro: +34 698 111 449
-
luns a venres de 9-21h.
sábados de 9-14h.
resolve as túas dúbidas