Dereito de limitación
Petición dun cliente para que deixemos de tratar os teus datos, pero non os eliminemos, cando impugnases a exactitude dalgún dato ou exerceses un dereito de oposición, mentres avaliamos a solicitude, cando o tratamento sexa ilícito, pero non queiras unha supresión ou se necesitas que os manteñamos, pero sen tratalos, para que poidas formular algunha reclamación
cubre o seguinte formulario, achega unha copia do teu DNI (en caso de actuar por medio de representante legal é necesario incluír copia do DNI do representante, así como do documento que recolla a representación) e envíasnolo por calquera dos seguintes medios:
- ao correo electrónico docu@mundo-r.net
- ao apartado de correos C/Real 85, 15003 A Coruña (A Coruña)
Prazos:
a. No caso de que poidamos completar a túa petición, R informarache de que a mesma foi efectuada no prazo de 1 mes dende a recepción da túa solicitude.
b. No caso de que non poidamos completar a túa petición, R informarate dos motivos que nos impiden realizala no prazo de 1 mes dende a recepción da túa solicitude.
Calquera sistema operativo |
---|
Nome: dereito-limitacion-gal.pdf |
Tamaño: 20,52 Kb |
Descargar o formulario de dereito de limitación do tratamento |
para os nosos clientes de R
descarga a app
escríbenos
teléfono de contacto de R
- chámanos ao 1449
- dende o estranxeiro: +34 698 111 449
-
luns a venres de 9-21h.
sábados de 9-14h.
resolve as túas dúbidas