Dereito desistimento
Mediante este dereito poderás retirarnos o consentimento prestado para o tratamento dos teus datos con fins comerciais con diferentes alcances.
Se es cliente, lembrámoste que podes xestionar como desexas que nos poñamos en contacto contigo a nivel comercial a través do teu espazo privado de cliente, dunha forma máis inmediata e sinxela
En todo caso, se queres exercelo por esta vía, como Cliente, podes encher o formulario incluído máis abaixo, achegar unha copia do teu DNI (en caso de actuar por medio dun representante legal, é necesario achegar copia do DNI do representante, así como o documento que recolla a representación) e enviárnolo ao correo electrónico docu@mundo-r.netou ao seguinte enderezo postal C/Real 85, 15003 A Coruña (A Coruña)
Se non es cliente, bastará que por estas mesmas vías nos facilites algún dato para poder localizarte, así como o consentimento ao que fai referencia a túa solicitude (por exemplo, deixei os meus datos nun formulario da web), e se precisásemos algo máis indicarémoscho.
No prazo de 1 mes informarémoste sobre a aceptación ou denegación da túa petición. Ou se a solicitude fose moi complexa para nós, este prazo podería ampliarse aos 3 meses.
Calquera sistema operativo |
---|
Nome: formulario_desistimento_R_2021_GAL.pdf |
Tamaño: 39,1 Kb |
Descargar o formulario de dereito de desistimento |
para os nosos clientes de R
descarga a app
escríbenos
teléfono de contacto de R
- chámanos ao 1449
- dende o estranxeiro: +34 698 111 449
-
luns a venres de 8-22h.
sábados de 9-14h.
resolve as túas dúbidas