Dereito de supresión
Mediante este dereito poderás solicitarnos que suprimamos os datos persoais que sobre a túa persoa esteamos a tratar no momento da solicitude. Lembra que, no caso de que exista aínda unha relación contractual vixente entre nós, non suprimiremos os teus datos ata que esta rematara completamente e se regularizaran todos os datos asociados nos nosos sistemas. O que, en termos xerais, supón que, ata que non se pagou a última factura e pasados tres meses para asegurar que aínda podes reclamala facilmente e que non se producen devolucións, non se producirá a supresión dos teus datos.
Informámoste de que a supresión dos teus datos como cliente se producirá cumprindo co recollido no artigo 32 da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais:
“… na identificación e reserva dos mesmos, adoptando medidas técnicas e organizativas, para impedir o seu tratamento, incluíndo a súa visualización, excepto para a posta a disposición dos datos aos xuíces e tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións Públicas competentes, en particular das autoridades de protección de datos, para a esixencia de posibles responsabilidades derivadas do tratamento e só polo prazo de prescrición das mesmas”E unicamente se producirá o borrado completo dos mesmos unha vez finalicen os prazos de prescrición indicados.
Para non clientes que están a recibir comunicacións comerciais telefónicas remitímoste á sección de oposición, aínda que os teus datos serán eliminados igualmente ao exercer ese dereito.
Para solicitalo, se es cliente podes encher o formulario incluído máis abaixo, achegar unha copia do teu DNI (en caso de actuar por medio dun representante legal, é necesario achegar copia do DNI do representante, así como o documento que recolla a representación) e enviárnolo ao correo electrónico docu@mundo-r.net ou ao seguinte enderezo postal C/Real 85, 15003 A Coruña (A Coruña)
Se non es cliente bastará que por estas mesmas vías nos facilites algún dato para poder localizarte, e se precisásemos algo máis indicarémoscho.
No prazo de 1 mes informarémoste sobre a aceptación ou denegación da túa petición. Ou se a solicitude fose moi complexa para nós, este prazo podería ampliarse aos 3 meses.
Calquera sistema operativo |
---|
Nome: dereito_supresion.pdf |
Tamaño: 19,08 Kb |
Descargar o formulario de dereito de supresión |
para os nosos clientes de R
descarga a app
escríbenos
teléfono de contacto de R
- chámanos ao 1449
- dende o estranxeiro: +34 698 111 449
-
luns a venres de 9-21h.
sábados de 9-14h.
resolve as túas dúbidas