Volver
chámanos GRATIS 900 825 868
Mundo R
área cliente

900 825 868

desenvolvemento sostible

o desenvolvemento sostible é un dos eixos principais para o Grupo Euskaltel. A integración do desenvolvemento sostible no núcleo da nosa actividade foise desenvolvendo cunha filosofía corporativa na que o noso crecemento está estreitamente ligado a unha achega visible, tanxible e medible de valor social, económico e ambiental á sociedade e aos nosos grupos de interese.

como operadores baseamos a estratexia de Grupo en proxectos sostibles tomando como referencia para iso a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, baseada nos dezasete Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Traballamos conforme ás normas e aos principios nacionais e internacionais recoñecidos en materia de dereitos humanos, normas laborais, protección ambiental e anticorrupción, contribuíndo dese modo á consecución dos ODS.

máis información sobre noso desempeño e impacto en materia de sustentabilidade dispoñible en:
memoria de sostibilidade e estado de información non financeira.

xestión de riscos penais e antisuborno

no Grupo Euskaltel estamos comprometidos co cumprimento normativo, e, en particular, co cumprimento da normativa penal, e así, declaramos tolerancia cero coa comisión de delitos, e implantamos un modelo de organización e xestión de riscos penais e antisuborno, descrito no Manual de prevención de riscos penais e antisuborno, cuxas principais finalidades son mostrar os elementos fundamentais do modelo de xestión de delitos e antisuborno, servir como medio de prevención da comisión de delitos e promover unha cultura ética corporativa, de cumprimento normativo e contraria ao suborno e a corrupción.

no marco do modelo de organización e xestión de riscos penais, e como desenvolvemento da tolerancia cero coa comisión de delitos, o Consello de Administración do Grupo Euskaltel aprobou, entre outra normativa, as seguintes Políticas Corporativas:

  • unha Política Corporativa de Compliance Penal, que se configura como o marco xeral do modelo de organización e xestión dos riscos penais,
  • e unha Política Corporativa Anticorrupción para a xestión de xeito específico dos delitos de suborno e corrupción.

o noso Modelo de Xestión de riscos e penais antisuborno obtivo o certificado AENOR de Sistemas de Xestión de Riscos Penais segundo a Norma UNE 19601 e o Certificado AENOR de Sistemas de Xestión Antisuborno segundo a Norma UNE ISO 37001. Estas certificacións validan que no Grupo Euskaltel establecemos e aplicamos medidas para previr, detectar e combater a comisión de delitos e de prácticas relacionadas coa corrupción e o suborno, desenvolvendo unha cultura de cumprimento e compromiso ético. Os seus certificados están dispoñibles para a súa consulta nos seguintes enlaces: certificado antisuborno R e certificado de sistema de xestión de Compliance Penal

política de igualdad

o Grupo Euskaltel declara o seu compromiso co establecemento e co desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo. Eses principios quedan recollidos no noso Compromiso coa Igualdade e na nosa Política Corporativa.

documentos de interese

accede á nosa canle ética clicando na imaxe e no punto 19 atoparás o formulario para realizar comunicacións a través da Canle Ética, e un enlace ao documento "Canle Ética" no que se inclúe o procedemento a seguir para realizar comunicacións e a súa tramitación

queres contratar R?

luns a venres de 9-21h.
sábados de 9-14h.

para os nosos clientes

descarga a app:

Apple StoreGoogle Play

ou chámanos:

se estás na casa 1449no estranxeiro:
+34 698 111 449
luns a venres de 9-21h.
sábados de 9-14h.
servizo técnico 24h/365.