seguros para o teu teléfono móbil
se queres protexer o teu smartphone cun seguro pensado á túa medida, en R temos tres coberturas diferentes. Deste xeito, poderás contratar só o que che interesa. O mellor é que o podes facer só durante os meses que queiras, non estás obrigado a pagar o seguro do teléfono durante un ano ou dous. Contamos cun seguro móbil moi completo, pensado por se se che rompe ou por se cho rouban. Ofrecemos outro seguro por se rompe o teu smartphone. E outro, máis sinxelo, no caso de que se vexa afectada a túa pantalla.