
honor
MAGIC 5 LITE | 5G
- 6,67''
- 64MPX
- 128GB
- true
13€/mes
se queres unha tarifa plana móbil con moitos xigas e chamadas ilimitadas, pode que che interese esta tarifa de R. Contas con datos ilimitados para navegar por internet móbil e chamadas ilimitadas a calquera fixo ou móbil nacional. Canto custa? Só 16€/mes. Prezo en promoción durante 3 meses e con IVE incluído. E con envío gratuíto.
en R tamén contamos cunha tarifa móbil con xigas ilimitados, pensando en que cada vez usamos máis o noso smartphone e non queremos estar pendentes de se nos pasamos cada mes dos datos que temos contratados. Por iso, con esta tarifa, ten a tranquilidade de poder navegar sempre a máxima velocidade. Xigas e máis xigas para ver vídeos, acceder a apps, consultar redes sociais ou navegar por internet. E sen medo a pasarte porque con esta tarifa móbil o tes todo.
queres unha tarifa móbil moi barata con datos ilimitados? Pois ben, en R ofrecémoscha por só 16€ ao mes durante os tres primeiros meses. Si, si, como o les. Por só 16€ ao mes tes xigas sen límites. Pagarías moito menos que con outras tarifas con peores condicións. Goza desta promoción coa tarifa ao 50% durante tres meses.
ao contratar unha liña con datos ilimitados ofrecémosche a posibilidade de contratar liñas adicionais a metade de prezo. Podes pillarche unha, dous ou tres liñas móbiles extras con datos ilimitados por 16€/mes cada mes. O prezo das liñas adicionais non é unha promoción, é un prezo final.
xa que tes todos os xigas que queiras para navegar, non tería sentido non ofrecerche chamadas ilimitadas. Esta é a tarifa móbil máis completa, xa que tanto os datos como as chamadas sen ilimitadas. Podes chamar a calquera fixo e móbil dentro de España as veces que queiras. Lembra, iso si, que hai chamadas que teñen custo. Son as que se coñecen como de tarificación especial e adicional, todos aqueles números que empezan por exemplo por 902, 803, 805, 807 ou os números de información de pago que comezan por 118.
no caso de que viaxes ao estranxeiro, seguro que che interesa poder usar o teu móbil. Lembra que dentro dos países do Espazo Común Europeo podes chamar e conectarte a internet coma se estiveses en España, sen ter que pagar máis. Así, cando vaias a Portugal, Alemaña, Italia, Grecia ou Francia, non terás que pagar máis. Con todo, o roaming si ten custo se viaxas aos países que non están dentro da UE, como pode ser Andorra, Suíza, China ou México.
para que te acabes de convencer de que ofrecemos a mellor tarifa con xigas ilimitados do mercado, aquí vai outra das nosas vantaxes: non tes ningún tipo de permanencia. Lembra, ademais, ofrecémosche unha promoción na tarifa, ao darcha ao 50% durante tres meses. Bota contas, porque nós cremos que merece a pena.
outra das vantaxes de contratar a tarifa con xigas ilimitados en R é que non che cobramos nada polo envío da tarxeta SIM. Outros operadores pídenche que abones o custo do servizo de mensaxería. No noso caso os gastos de envío son gratis. Deste xeito, pódesnos probar con total tranquilidade.