tariaf móbil só con chamadas

incluímos 100 MB para que uses Whatsapp ou as túas apps favoritas

enviarémosche un SMS cando consumas o 80% e outro SMS cando consumas todos os megas. Se un mes consumes todos os megas da túa tarifa, podes seguir navegando a máxima velocidade con bonos adicionais de 1 xiga por 5 euros más (ata 1 máximo de 3 bonos ao mes). Tamén podes desactivar o servizo e entón a velocidade redúcese ata un máximo de 128 kbps sen custo adicional.

só móbil con chamadas

no caso de que necesites só unha tarifa móbil de voz, pero que che ofreza a tranquilidade de poder chamar todas as veces que queiras, tes á túa disposición a tarifa de R con chamadas ilimitadas. Poderás chamar a todos os móbiles e fixos nacionais de calquera provincia, sen límite de minutos nin de destinos. Co que se buscas unha liña móbil barata só para chamar, esta é a túa solución ideal. Ademais, incluímos 100 MB por se queres instalar no teu móbil algunha aplicación como Whatsapp ou para un uso puntual da internet.

chamadas ilimitadas a móbiles e fixos

a principal vantaxe desta tarifa é que contas con chamadas ilimitadas. Non terás que andar contando os minutos para ver se te pasas e pagar despois un establecemento e un custo por minuto. Aquí, por só 6€ ao mes tes incluídas todas as chamadas a fixos e móbiles nacionais. Non están incluídas, como sabes, números de tarificación especial ou adicional, como 901, 902, 905, etc. Pero os habituais, os fixos e móbiles que teñen os teus coñecidos e familiares, están todos incluídos

unha tarifa móbil barata só de voz

a nosa tarifa está pensada para aquelas persoas que non necesitan máis que unha liña móbil de teléfono só de voz. É dicir, que inclúa chamadas e que custe moi pouco. De forma que se ti ou un familiar teu non necesita moito xigas pero si necesita unha liña móbil económica, sen sustos na factura ao final de mes e que permita chamar fixos e móbiles sen límite de minutos, esta é a túa tarifa.

uns poucos datos móbiles

nunca sabemos exactamente cando imos poder necesitar usar internet. É por iso que nesta tarifa engadimos 100 MB de datos móbiles. Deste xeito, poderás instalar e usar aplicacións comúns como Whatsapp, mandar algún correo ou facer unha procura en Google se o necesitas. Co que esta tarifa móbil é ideal para aqueles que só adoitan chamar ou recibir chamadas e que teñen un uso moi ocasional da internet.

envío gratuíto

a diferenza doutros operadores, en R non che cobramos polo envío da tarxeta SIM. Simplemente contratas a tarifa, indícasnos a dirección na que vives e enviámoscha por mensaxería. Así empezas a aforrar desde o primeiro momento.

teño permanencia?

non tes ningún tipo de permanencia nesta tarifa móbil. Cremos que a nosa tarifa de só voz é moi económica. Ademais, desde R asumimos o custo do envío, polo que cremos que todo son vantaxes para ti e pódesnos probar sen compromiso.

só móbil con chamadas

móbiles baratos e smartphones libres

Deixamos resoltas as 3 preguntas do millón na túa tarifa de móbil:

teño dúbidas sobre
ver todas

descubre outros servizos de R