O pack de R Cable inclúe TV Total, centos de canles, gravacións na nube e acceso directo a plataformas, para que teñas nun único espazo todo o teu contido favorito. Ademais, terás incluídas as túas subscricións a Netflix, Disney+ e SkyShowtime, o que che permite gozar de estreas, series, cinema, documentais e contido para toda a familia sen contratacións adicionais.
Para que a experiencia sexa a mellor, incluímosche o deco Infinity Home Box de R, para que sintas que o salón da túa casa se converte nun cinema, grazas ao seu sistema de audio Bang & Olufsen e Dolby Atmos e á súa imaxe superior con Dolby VisiónHDR10+ e Ultra 4K.
Grazas ao router avanzado de R, poderás usar a televisión mentres outros dispositivos se conectan ao wifi sen perder calidade: móbiles, tablets, consolas, Smart TV… todos funcionando ao mesmo tempo coa estabilidade da fibra 1 Gb. É o pack perfecto se queres ter todo o entretemento e a mellor conexión reunidos nunha única tarifa.