Particulares

Grandes Empresas

chámanos

Como sei se o meu ordenador ou portátil permite velocidades de 300 megas ou superiores?

non todos os equipos están preparados para poder navegar a velocidades superiores a 300 megas. Para iso, é importante ver o tipo de tarxeta que tes instalada no teu PC ou portátil. Como a maior parte das veces nos conectamos por wifi, explicámosche como saber se a túa tarxeta pode chegar a esas velocidades ou non.
se o teu equipo é un MAC, busca a ferramenta “utilidad de red” e comproba na lapela “info” a velocidade do enlace e o modelo. Ten que ser compatible con wifi N, do contrario non acadarías velocidades tan altas, porque o teu equipo non ten esa capacidade.
no caso de Windows, podes ver dende o administrador de dispositivos se a tarxeta é compatible con wifi N. Para iso, fai clic no botón dereito sobre as propiedades da tarxeta wifi. A continuación, comproba se hai algunha referencia á interface 802.11N. O propio nome da tarxeta adoita dar unha boa pista de se vai ser compatible ou non. Neste caso, xa indica que se trata dunha “Dual Band”, polo que permite velocidades máis altas.
por outra banda, dentro das conexións de rede tamén podes ver a que velocidade está a sincronizar. Fas dobre clic na conexión sen fíos e abrirase unha nova fiestra con esa información.

¿Esta resposta foi útil para ti?

moitas grazas! Témolo en conta.

Ou podes escribirnos en redes sociais