chámanos

ES

GL


Autónomos e Empresas


Particulares

política de privacidad para webs y apps

A presente política de privacidade ten por finalidade informar de como R vai tratar os datos persoais que se poidan recoller a través das páxinas web das que é titular, así como nos seus perfís de redes sociais e calquera outra plataforma dixital ou medio electrónico nas que se traten datos persoais. R reserva para si o dereito a modificar os presentes termos para adecualos ás novidades legais ou xurisprudenciais. Nos devanditos supostos anunciaranse nesta páxina os cambios introducidos con razoable antelación á súa posta en práctica. A utilización dos nosos servizos unha vez comunicado este cambio implicará a aceptación dos mesmos.
O responsable do tratamento é a Sociedade R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. con C.I.F. e domicilio en Rúa Real 85, 15003 A Coruña. Pode contactar coa nosa Delegada de Protección de Datos (DPD ou DPO) enviando un correo electrónico a dpd@mundo-r.net.
Os datos que solicitemos do usuario serán tratados coas seguintes finalidades:
  • Xestionar a prestación dos servizos solicitados polo usuario a través da Web, como a consulta de cobertura, a participación en sorteos e concursos, a atención a consultas, o velocímetro, a participación en foros e blogs e o envío do boletín.

    A base de lexitimación para este tratamento é a relación contractual, aínda que os servizos sexan gratuítos, a súa prestación supón unha relación contractual. Os datos tratados inclúen datos identificativos e de contacto, enderezo, enderezo IP e outros datos persoais facilitados polo interesado ou solicitados na acción promocional. Estes datos conservaranse mentres se preste o servizo e, tras iso, polo prazo de prescrición de obrigas legais.
  • Contactar co usuario por calquera medio, incluídos os electrónicos, no caso de que iniciase un proceso de contratación a través da Web que non se finalizou por calquera causa, Carriño Abandonado, coa finalidade de tentar retomar a contratación e interesarnos polos motivos do abandono ou fallo.

    A base de lexitimación é, neste caso, o Interese Lexítimo da Sociedade de retomar un proceso de contratación fallado e de coñecer as causas de abandono para mellorar o proceso. Os datos tratados inclúen Datos identificativos, de contacto e outros achegados durante a contratación antes da súa interrupción, como enderezo e servizos/produtos contratados. Os datos trataranse durante 30 días despois de que se produza o abandono no proceso.
  • Proporcionar información comercial de produtos ou servizos da Sociedade por calquera vía, incluídos medios electrónicos.

    A base de lexitimación é o Consentimento que o usuario prestaría a través dos formularios da Web, como por exemplo Chamádeme agora. Trataranse datos identificativos e de contacto, voz, tipoloxía de produtos ou servizos e calquera dato que nos proporciones nos nosos formularios; e serán tratados mentres non retires o consentimento prestado.
  • Comunicar os teus datos a outras Sociedades do Grupo Empresarial, para que poidan remitirche información comercial dos seus propios produtos e servizos por calquera vía, incluídos medios electrónicos.

    A base lexitimadora será o Consentimento, os datos facilitados poderán ser datos identificativos e de contacto, voz, tipoloxía de produtos e servizos contratados, e serán tratados mentres non retires o consentimento prestado.
  • Coñecer como os usuarios da páxina Web interactúan con ela mediante o uso de Cookies. Con base lexitimadora o interese lexítimo ou o consentimento, segundo corresponda.

    Toda a información sobre os datos tratados e os prazos de tratamento están dispoñibles a través de información de cookies
Como fin ulterior aos citados, e tras un proceso de anonimización baseado no noso interese lexítimo de mellora dos nosos procesos internos, os datos dos tratamentos anteriores poderán ser empregados para a mellora da calidade de: os servizos prestados a non clientes, procesos de comercialización, de atención de dúbidas, etc. Nestes procesos de análises dos datos anonimizados poderanse utilizar sistemas de Intelixencia Artificial.

En calquera caso, non se tomarán decisións automatizadas con impacto xurídico nos usuarios, e unicamente se realizará perfilado no caso de ter o consentimento para as Cookies de publicidade comportamental. Máis información en Cookies.
Os datos solicitados para as finalidades mencionadas non son comunicados a terceiros, salvo en caso de obriga legal ou requirimento xudicial, salvo no caso de que consinta que comuniquemos os seus datos identificativos e de contacto a outras empresas do noso Grupo Empresarial.
Por outra banda, poderán ter acceso aos seus datos persoais os encargados do tratamento, é dicir, os prestadores de servizos que para o desenvolvemento das súas funcións teñan que acceder aos seus datos persoais. Os prestadores de servizos que acceden aos seus datos persoais, con carácter xeral, dedícanse aos sectores de sistemas de información e tecnoloxía, e a sectores de publicidade e televenda.
A Sociedade non ten previsto levar a cabo transferencias internacionais de datos persoais con carácter xeral, aínda que pode contar con algún provedor que requira tratar datos de usuarios dende fóra do Espazo Económico Europeo, como algún servizo técnico ou de soporte, en base á execución do contrato nos termos previstos nas finalidades da táboa anterior. Nestes casos, a Sociedade asegúrase de contar con garantías axeitadas. Estas garantías adoitan consistir na subscrición de cláusulas contractuais tipo aprobadas pola Comisión Europea con aqueles provedores que se atopen nesta situación ou Normas Corporativas vinculantes, dependendo de cada caso. En caso de que queira obter unha copia ou información sobre estas garantías, pode escribir á nosa Delegada de Protección de Datos no enderezo de correo electrónico indicado na sección 1.1.
Sen prexuízo dos prazos de conservación manifestados na sección 1.2, con carácter xeral, os datos poderán ser conservados polo tempo necesario para atender as finalidades que motivaron o seu tratamento e, tras iso, de forma bloqueada, ata a prescrición de obrigas legais derivadas do tratamento.
Informámolo de que, conforme o previsto na lexislación de protección de datos, conta cos seguintes dereitos:
  • Dereito de acceso: Coñecer que tipo de datos estamos a tratar e as características do tratamento que estamos a levar a cabo.
  • Dereito de rectificación: Poder solicitar a modificación dos seus datos por ser estes inexactos ou non veraces.
  • Dereito de portabilidade: Poder obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean a ser tratados.
  • Dereito á limitación do tratamento nos casos recollidos na Lei.
  • Dereito de supresión: Solicitar a supresión dos datos cando o tratamento xa non resulte necesario.
  • Dereito de oposición: Solicitar o cesamento no envío de comunicacións comerciais nos termos antes sinalados.
  • Dereito a revogar o consentimento prestado, o que pode facer en calquera momento chamando a atención ao cliente ou a través da área privada.
Ten información detallada sobre cada dereito, así como axuda para exercitalos, na nosa web. Pode exercitar estes dereitos mediante correo postal a Rúa Real 85, 7.º 15003 A Coruña ou ben mediante correo electrónico ao enderezo docu@mundo-r.net, indicando o dereito que se vai exercitar e acompañando a documentación requirida. Así mesmo, informámolo de que pode interpor unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos en www.aepd.es.
No caso de que teña algunha dúbida sobre o tratamento dos seus datos persoais, pode contactar coa nosa Delegada de Protección de Datos (DPD ou DPO) enviando un correo electrónico a dpd@mundo-r.net.
R está adherida ao CÓDIGO DE CONDUCTA TRATAMIENTO DE DATOS EN LA ACTIVIDAD PUBLICITARIA, que ten por finalidade demostrar o cumprimento das obrigas de protección de datos nos tratamentos con fins publicitarios ou que versen sobre publicidade.
Consulta aquí toda a información sobre este código de conduta.

queres contratar?

asesorámoste gratis

de luns a venres de 9 a 21h e sábados de 9 a 14h.

chámanos al

900 825 868

chamámoste

c2c.popup.callTitle2

En R imos tratar os teus datos para informarche dos nosos servizos, en relación con esta solicitude ou no futuro, ata que nos retires o teu consentimento. Podes exercitar os teus dereitos con docu@mundo-r.net.
Máis info
aquí.
se xa es cliente,
chámanos ao
1449
operator

queres contratar?

asesorámoste GRATIS

operator

queres contratar?

asesorámoste  GRATIS