Información relevante para ti

Como probablemente sabes, son máis frecuentes os ciberataques a empresas co propósito de obter información privada dos seus/das súas clientes/as. Para evitalo, en R contamos con importantes medidas de seguridade que imos mellorando día a día co fin de prestarche os nosos servizos da maneira máis segura posible protexendo os nosos sistemas e os teus datos persoais.


A pesar diso, experimentamos recentemente un incidente de seguridade, aínda que tivo un alcance moi limitado e ademais foi controlado o mesmo día da súa detección. En todo caso, terceiras persoas alleas á nosa organización puideron acceder a algúns dos teus datos persoais, que tratamos como antigo/a cliente/a de R, xa que estamos obrigados/as por lei a conservar durante un período de polo menos 5 anos eses datos tras a baixa na compañía.


Os datos afectados son: nome, apelidos, número de DNI, número de conta bancaria, teléfono, e nalgún caso, enderezo de correo electrónico.


Medidas de seguridade


Antes de darche consellos sobre medidas de seguridade, consideramos importante que coñezas os principais riscos derivados da filtración de datos. Estes son:

smishing

Intentos de fraude a través de SMS presuntamente enviados por unha entidade lexítima.

vishing

Intento de fraude a través de chamadas telefónicas tamén dende supostas entidades lexítimas onde se utiliza esta información para tratar de enganarte facéndose pasar por R ou por unha compañía da que sexas ou foras cliente/a. Por este motivo, debes estar moi atento/a a chamadas ou SMS nas que se che soliciten claves ou pagamentos de forma urxente. R non chos pedirá nunca.

importante

  • Presta atención aos correos entrantes, SMS, chamadas dende números descoñecidos e WhatsApp. Os enganos (phishing, vishing, etc.) cada vez se adaptan mellor ao perfil do/da usuario/a, por iso é tan importante que controles a autenticidade das comunicacións, sobre todo cando mostran certa urxencia e criticidade para que realices accións non agardadas.

  • Non facilites claves de acceso ou factores de autenticación das túas contas a través de medios electrónicos. Desconfía de todos/as aqueles/as que contactan contigo a través do correo, SMS ou teléfono móbil. R non che solicitará nunca esas claves.

  • Non proporciones medios de pagamento como o número da túa tarxeta en canles non seguras ou non controladas. Revisa que as páxinas nas que efectúas pagamentos sexan seguras (“https” ou cadeado) e non facilites datos en chamadas entrantes.

Se detectas calquera actividade sospeitosa, recomendámosche que denuncies os feitos poñéndote en contacto co Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) no número 017 ou en www.incibe.es/ciberprotegete.


E, se tes calquera dúbida estamos á túa disposición no noso servizo de atención ao cliente ou no teléfono especial e gratuíto habilitado para esta incidencia: 900 840 525.