ciberseguridade integral pemes
o que inclúe
centro de Ciberseguridade 24x7
protección ampliada
prevención e auditoría de seguridade
formación ao usuario
servizo base
1 sede e 10 empregados conectados
100 GB de Backup para 1 PC/Servidor
249
,50€ /mes IVE non incluído
sede adicional 109,50 €/mes
empregado conectado adicional 5 €/mes
temos a mellor oferta para o teu negocio
cubre este formulario e facémosche un orzamento sen compromiso.
Se o prefires, chámanos ao 900825859. Horario: de luns a venres de 09:00 a 17:00
condicións
backup adicional de PC ou Servidor con 100 Xigas de espazo 10 €/mes, Espazo de 100 GB de Backup adicional 5 €/mes. Prezos para clientes con acceso de fibra contratado. Os prezos para clientes sen acceso de fibra contratado: Servizo Base 299,5 €/mes , Sede adicional 131,5 €/mes, usuario adicional 6 €/mes, Backup adicional de PC ou Servidor con 100 Xigas de espazo 12 €/mes, espazo de 100 GB de Backup adicional 6 €/mes. Permanencia de 24 meses. IVE non incluído.
eleva a túa ciberseguridade á máxima potencia
implantamos solucións e ferramentas de seguridade dixital a través dun equipo de expertos que traballa para previr e detectar posibles ataques e vulnerabilidades.
coñece as vantaxes de Scudo
o servizo de ciberseguridade máis completo do mercado
os nosos especialistas en ciberseguridade dedicaranse 24/7 a rastrexar posibles ameazas dentro da contorna da túa empresa e detectar calquera tipo de comportamento malicioso ou anómalo que ameace as operacións do teu negocio a través das seguintes accións.
centro de Operación de Ciberseguridade 24x7
servizo proactivo de recuperación e resposta baseado na prevención, recuperación, monitorización, detección e recuperación tras un incidente da seguridade.
protección dos elementos críticos da empresa
protección do perímetro da sede, os postos de traballo, os correos electrónicos, os accesos en remoto e as comunicacións entre sedes.
prevención
realizamos auditorías de seguridade, comprobamos o nivel do parcheado e formamos e concienciamos os usuarios finais co obxectivo de previr posibles incidentes.
centro de Operación de Ciberseguridade 24x7
o noso servizo proactivo de recuperación e resposta céntrase en 4 liñas de actuación.
monitorización e vixilancia
monitorizamos o funcionamento dos elementos de seguridade e os eventos e alarmas xerados para asegurar o seu correcto funcionamento e nivel de actualización e seguridade.
no caso de detectar vulnerabilidades na rede ou nos sistemas, repórtanse ao interlocutor TIC da empresa, clasificándoas por severidade e indicando as accións correctivas necesarias.
detección dun incidente de seguridade: Sempre estaremos en coordinación co interlocutor TIC para tomar as medidas necesarias para conter o ataque e minimizar o seu impacto no negocio.
recuperación tras un incidente de seguridade
comunicaremos o sinistro e realizaremos unha supervisión do proceso de recuperación ademais de realizar a limpeza do malware, recuperación dos datos de backup.
protección dos elementos críticos
protección do perímetro da sede
instalamos un firewall UTM de nova xeración que protexerá o perímetro de acceso a Internet.
protección do posto de traballo
en cada equipo de usuario (ordenador, tableta ou smartphone) instalaremos un software de protección do posto que detectará e responderá ás ameazas (EDR).
realizamos copias de seguridade cifradas na nube que garanta a retención dos datos críticos da túa empresa e posterior recuperación dende calquera lugar.
protección do correo electrónico
protexemos a túa empresa contra todas as posibles ameazas baseadas no correo electrónico, incluíndo un servizo de protección do dominio do correo e todas as súas contas asociadas.
protección de empregados en mobilidade (teletraballo)
damos acceso remoto seguro aos empregados que traballen conectados ao sistema da empresa.
protección de comunicacións entre sedes
garantimos a conectividade privada entre as túas sedes co fin de securizar as comunicacións.
prevención
auditoría de seguridade
realizaremos unha auditoría de seguridade semestral que informará das vulnerabilidades existentes cunha valoración da súa criticidade e os puntos de acción recomendados para a súa resolución.
comprobación do nivel de parcheado
escaneamos os elementos da rede interna para informar de elementos de T.I. susceptibles de constituír unha vulnerabilidade e que, polo tanto, precisan un parcheado ou upgrade de software.
formación e concienciación ao usuario final
por ser unha das medidas mais eficaces de prevención, formamos as persoas usuarias en prevención, detección e reacción ante os principais riscos na actual contorna tecnolóxica.
moito máis ca un servizo personalizado
levamos a seguridade da túa empresa ao máximo nivel
coa contratación do noso servizo Scudo ofrecémosche tamén a posibilidade de contratar este seguro de ciberrisco que che permitirá estar cuberto fronte a posibles consecuencias en caso de sufrir algún ciberataque.
ciberseguro
asesoría Xurídica ante terceiros debido a denuncias por ciberataques, e ante o regulador en relación co cumprimento de protección de datos.
gastos de recuperación de sistemas debido a intrusións.
gastos de notificación.
gastos de investigación e peritaxe.
desbloqueo de secuestro informático.
responsabilidade Civil ante terceiros.
lucro cesante por parada de actividade derivada dun ataque.
*prezo de referencia para unha empresa de ata 10 millóns de euros de facturación anual cuxo negocio non depende exclusivamente de Internet e con suma asegurada de 50.000 € por sinistro. O prezo definitivo queda suxeito a valoración previa por parte de compañía de seguros.