

Oppo A77 5G, goza ata o último minuto
O novo Oppo A77 5G posúe unha amplísima batería para que non teñas que preocuparte por ela.
Non quedes sen batería. Esa é a filosofía coa que a compañía chinesa creou este smartphone e a razón pola que o dotou cunha potente batería de 5.000mAh, suficiente para alcanzar unha duración de ata 344 horas en repouso e máis de 80 cun uso regular. Ademais asegurouse, co Supervooc de 33W, de que poidas recuperar en apenas 30 minutos o 53% da túa batería. Estáseche esgotando? Non pasa nada, unha pequena sesta e cando espertes está de novo listo para a acción.
Pero nin a mellor batería do mundo serve de moito se non tes algo que facer co teléfono. Por iso o A77 posúe un procesador MediaTek Dimensity 810 de 2,2Ghz en arquitectura octacore con gráfica integrada Arm Mali-G68 MC4. Este chip compleméntase que dá xenio cun sistema de memoria RAM de 6GB, ampliable a 11GB a través do seu sistema de conversión que lle permite aproveitar os teus xigas libres de almacenamento. Así poderás efectuar múltiples tarefas en segundo plano, se o precisas, e poidas xogar mesmo aos xogos máis esixentes.
Para este propósito, ademais, o A77 conta cunha pantalla HD+ de 6,5 polgadas cunha taxa de refresco de 90Hz, de maneira que todo elemento que reproduzas nela verase completamente fluído. Ademais esta taxa de refresco aplícase tamén á función táctil, polo que irás por diante dos teus rivais en cada movemento ou terás maior precisión ao escribir ou asinar.
Para rematar o A77 conta cun sistema de dobre cámara traseira, a primeira delas con 48 megapíxeles de resolución para que teñas un resultado incrible e unha segunda lente de retrato con efecto bokeh profesional e elegante. Grazas a esta combinación e ao seu algoritmo mellorado de imaxe, poderás crear as mellores fotografías con só un clic. E se 48 megapíxeles che parecen pouco, que opinas de 108 megapíxeles? O algoritmo de reconstrución de imaxes permite obter resultados incribles e sen perder calidade cunha ampliación completamente envexable.