Na presente política de privacidade atoparás unha táboa identificando por cada un dos diferentes tratamentos de datos realizados no Sitio web a seguinte información:
- As finalidades do tratamento dos teus datos persoais, isto é, o motivo polo cal o Grupo trata os teus datos persoais.
- As bases legais que permiten o tratamento de datos por parte do Grupo para cada unha das finalidades indicadas.
- A posible comunicación dos teus datos a terceiros, así como a causa da devandita comunicación. A estes efectos, informámoste de que non cedemos os teus datos persoais a terceiros salvo cando exista unha obriga legal (Facenda Pública, Xuíces e Tribunais, Forzas e Corpos de Seguridade…) ou expresamente o indiquemos na táboa que figura a continuación.
Por outra banda, poderán ter acceso aos teus datos persoais os encargados do tratamento, é dicir, os prestadores de servizos que para o desenvolvemento das súas funcións teñan que acceder aos teus datos persoais. Os prestadores de servizos que acceden aos teus datos persoais, con carácter xeral, dedícanse aos sectores de sistemas de información e tecnoloxía. Na táboa que figura a continuación indicaranse os outros sectores en cuxa virtude os prestadores de servizos da Sociedade teñen que acceder aos teus datos persoais.
Informámoste de que podes solicitar maior detalle de información a respecto dos destinatarios dos teus datos enviando un correo electrónico a docu@mundo-r.net indicando o tratamento concreto sobre cuxos destinatarios querería información.
- Salvo que así se indique na táboa adxunta, na sección Destinarios, os Corresponsables non realizan Transferencias Internacionais de Datos. Para estes casos, debidos á contratación dalgún servizo a provedores de fóra do Espazo Económico Europeo, tamén garantimos un uso axeitado de todos os datos de carácter persoal. Pódese consultar a listaxe actualizada con todo o detalle de países, servizos e base lexitimadora da transferencia en https://mundo-r.com/gl/politica-privacidade/transferencias-internacionais.
- O prazo de conservación dos datos. O Grupo informa que, seguindo as obrigacións recollidas no artigo 32 da Lei Orgánica de Protección de Datos e Garantía de dereitos dixitais, unha vez finalizado o prazo de tratamento dos datos estes permanecerán bloqueados, adoptándose as medidas técnicas necesarias para garantir que o Responsable non os tratará para finalidade algunha, incluíndo a súa visualización, salvo para a súa posta a disposición de Xuíces e Tribunais, Ministerio Fiscal ou Administracións Públicas competentes así como a atención a reclamacións, polos prazos legais que determine cada normativa que resulte de aplicación.