

iPhone 14, ilumina as túas fotos
O salto de calidade que Apple pega no novo iPhone 14, superando ao anterior modelo iPhone 13, nótase especialmente na duración da batería, nas cámaras e no Chip A15 Bionic mellorado con 5 núcleos, fronte aos 4 do iPhone 13.
Das cámaras imos falar agora, pero, aínda que che pareza que son iguais que no 13: 12 + 12 MPX, a diferenza está nunha apertura maior da lente. Isto vaille a dar moita máis luz ás túas fotos. Ademais de que incorpora o modo Acción para os teus vídeos, entre outras cousas.
Vexámolas.
As cámaras do iPhone 14 que dan máis luz ás túas fotos
Como che diciamos, en aparencia o IPHONE 14 non cambiou as cámaras, pero non é así. Apple sempre se garda un as debaixo da manga.
Cámara principal 12 MPX: 26 mm e apertura f/1,5. Esta nova lente incorpora un sensor máis grande e deixa pasar un 49% máis de luz. Así que non importa se a escena está escura.
Cámara ultra grande angular 12 MPX: 13 mm, campo de visión de 120° e apertura f/2,4. Permíteche facer perspectivas e ampliar o plano.
Ademais: flash mellorado, modo Noite e modo Retrato con efecto bokeh.
Cámara frontal TrueDepth 12 MPX: apertura f/1,9 que capta un 38% máis de luz. Agora enfoca automaticamente a varias persoas nun selfie.
Gravación de vídeo estable e profesional co iPhone 14
Hai dous detalles do iPhone 14 que che permitirán facer vídeos como os dun profesional do cinema.
Outros detalles: cámara lenta, time-lapse mesmo de noite ou a posibilidade de facer fotos de 8MPX mentres gravas vídeo en 4K.
Deseño do iPhone 14: máis pantalla e máis resistencia
Dicir que o deseño de iPhone é unha icona parécenos unha obviedade, así que imos á chicha.
Está feito de aluminio de calidade aeroespacial, cunha parte dianteira de Ceramic Shield máis dura que outros smartphones e unha parte traseira de vidro.
Resiste tamén o po e a auga, ata 6 metros non máis de media hora.
A pantalla de 6,1 polgadas é Super Retina XDR con tecnoloxía OLED para maior contraste e brillo e True Tone, que se adapta á luz do exterior para que non forces os ollos.
Ah, e podes personalizar a pantalla de bloqueo ao teu gusto, que podes acender e apagar por recoñecemento facial Face IDE.
Batería e rendemento do iPhone 14
A batería de 3.279 mAh do iPhone 14 reproduce sen parar ata 20 horas de vídeo.
En canto ao hardware, varias mencións: Chip A15 Bionic con GPU de 5 núcleos para máis velocidade no xogo, por exemplo; sistema operativo iOS 16, RAM de 6GB e memoria interna de 128GB.
Último detalle que queremos contarche, porque é novidade no iPhone 14: a Detección de Accidentes. O teu iPhone detecta cambios na túa condución e recoñece as colisións para saber se tiveches un accidente. Automaticamente chamará ao 112 e aos teus contactos de emerxencia. Un plus de seguridade novo en Apple.
Xa ves que ao iPhone 14 non lles falta detalle.