Mundo-RMundo-R

Xiaomi 12 Lite 5G, tripla cámara 108 MPX

Prepárate para facer fotos nivel profesional coa cámara do Xiaomi 12 Lite 5G. Ese é un dos seus puntos fortes, pero tamén o son a carga turbo e o deseño. 

Cámara principal de 108 MPX e selfi de 32 MPX

Se o que máis valoras nun móbil é a cámara, o Xiaomi 12 Lite é o que buscas. Consegue resultados de moita calidade grazas a detalles como a captura de movemento, fronte a outros móbiles que sacan imaxes máis borrosas en escenas de acción. 

O seu modo de 108 MPX darache unha ultras alta resolución para que ata o mínimo detalle saia definido. Tamén destaca o enfoque con seguimento de ollos ou o modo retrato por IA con bokeh e control de profundidade.

-Cámara principal de 108 MPX.

-Cámara ultras grande angular de 8 MPX e campo de visión de 120°.

-Cámara macro de 2 MPX.

Para facerche selfis, a súa cámara frontal de 32 MPX inclúe tamén funcións que che darán resultados de estudo. 

É o caso da iluminación dos LED duais frontais, que lle dan luz á túa cara mesmo na escuridade, ou o HDR automático, que evita que saias sobre exposto aínda que esteas a contraluz. 

Carga turbo 67W

De autonomía, o Xiaomi 12 Lite, vai bastante ben grazas á súa batería de 4.300 mAh. Pero no que destaca, e moito, é na velocidade de carga. Un detalle que cada vez se valora máis polo ritmo de vida que levamos. A súa carga turbo de 67W tarda uns corenta en minutos en cargalo ao 100% cando o tes completamente KO.

Ademais, este modelo incorpora unha carga adaptada que aprende de como o usas para alongar a vida da túa batería. Se o cargas mentres dormes, para cando chega ao 80% e termina antes de que te levantes.

Deseño e pantalla de 6,55”

Pantalla grande de 6,55 polgadas AMOLED FHD nun móbil lixeiro e compacto que se axusta perfectamente á túa man. Ten un deseño sinxelo en acabado mate, con sensor de pegadas na pantalla e varios modos para protexer a túa vista.

Outros destacados: Android 12, 128GB de almacenamento e 8GB de RAM.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas