Volver tenda equipamento
chámanos GRATIS 900 815 825
Mundo R
área cliente

900 815 825

ciberseguridade pemes R

ciberseguridade pemes R

a dixitalización e a adopción de novas tecnoloxías supón un avance importante, mais tamén unha ameaza para as empresas. O teu negocio precisa un soporte técnico experto e ferramentas que garantan a seguridade fronte a estas ameazas. Ciberseguridade Pemes ofréceche todo o necesario para protexer a información e os dispositivos da túa empresa.

protexemos a contorna dixital do teu negocio de posibles ameazas

aproveita as vantaxes do experto dixital R

se tes calquera servizo de internet empresa contratado con R ofrecémosche de xeito gratuíto un soporte experto con atención prioritaria para que a túa empresa, sexa do tamaño que sexa, estea sempre protexida dos ciberataques e do roubo de datos esenciais garantindo unha solución en tempo real a calquera problema de ciberseguridade.

ciberseguridade avanzada R, dá un paso máis na seguridade da túa empresa

en R o noso obxectivo é axudarte a protexer a información e os datos da túa empresa ante todo tipo de ameazas a través de solucións multidispositivo. Aumenta a seguridade local dos teus equipos co antivirus Bit Defender Total Security e a realización dunha copia de seguridade na nube.

ciberseguridade avanzada R

  • inclúe 1 licenza de antivirus Bit Defender Total Security válida ata en 3 dispositivos
  • inclúe 1 licenza con 10 GB de capacidade, válidas ata en 3 dispositivos
9
/mes
(ive non incluído)

coñece o que inclúe o noso servizo de ciberseguridade avanzada R:

antivirus Bit Defender Total Security

ofrecemos un dos mellores software de protección do mercado fronte a ataques de virus e malware que predi, prevén, detecta e repara calquera ameaza dixital

10 GB de copia de seguridade na nube

co noso servizo de backup asegurámonos de que toda a información do teu negocio estea sempre segura na nosa nube.

necesitas máis capacidade de almacenamento para o backup?

en R dámosche a posibilidade de aumentar os teus xigas de backup para que toda a túa información estea sempre dispoñible na nube.

10 GB adicionais de backup

3
/mes
(ive non incluído)

firewall virtual

firewall virtual

contar cunha infraestrutura de seguridade forte e robusta é primordial para o futuro de calquera compañía. En R ofrecemos un servizo de seguridade centralizada que proporciona unha solución integral ás infraestruturas da empresa permitindo unha navegación segura e un control total dos accesos á rede.
interésame